Alberto Noguerol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Noguerol
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Miño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alberto Noguerol del Río, nado en Callobre (Miño) o 12 de xaneiro de 1943, é un arquitecto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concello de Cangas.
Biblioteca no Campus de Vigo.

Arquitecto dende 1974, ano no que se licenciou na ETSA de Barcelona. No ano 1980 crea o estudio de Arquitectura Noguerolydiez xunto coa súa esposa, Pilar Díez Vázquez, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Alberto Noguerol comeza a súa andaina docente na Escola de Barcelona como profesor de Proxectos entre os anos 1978 e 1986. Dende entón impartiu clases de Proxectos na ETSA Coruña ata o 2013. Dende o 1980 numerosas exposicións, catálogos, guías de arquitectura, libros e publicacións varias teñen prestado atención á súa obra e ás súas propostas.

O seu traballo caracterízase formalmente polo emprego dunha enorme simplicidade volumétrica e visual, herdeira da tradición primeira da arquitectura do século XX.[1]

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noguerol, A. Alberto Noguerol, Pilar Díez: works, 1980-1996. T6 ediciones. Pamplona, 1996.
  2. Noguerol y Díez
  3. "Centro de Saúde de Os Mallos". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Noguerol del Río, A. (1996) Alberto Noguerol, Pilar Díez: works, 1980-1996. Pamplona: Ed. T6 (en castelán) (en inglés).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]