Saltar ao contido

Doutoramento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

O doutoramento[1] é o grao académico do nivel máis alto. Tradicionalmente, a concesión dun doutoramento implica o recoñecemento dun candidato como igual por parte da facultade da universidade na que estudou. Esencialmente hai tres tipos de doutoramento:

Os primeiros normalmente son concedidos en recoñecemento a unha investigación académica dun estándar publicable (aínda se non se publica), e que representa unha contribución polo menos modesta ó coñecemento humano. Usualmente avalíase a través da defensa dunha disertación ou tese doutoral, aínda que ás veces pode aceptarse un corpo coherente de literatura publicada. Os últimos outórganse por unha contribución substancial a un campo, aínda que non hai requisitos de natureza académica.

O doutoramento máis común é o que outorga o título de Ph.D. (Philosophiæ Doctor), o doutor en filosofía. O Departamento de Educación dos Estados Unidos recoñece os seguintes graos doutorais en igual nivel que o Ph.D. (non todos eles están dispoñibles, nin son recoñecidos, no mundo castelanfalante):

  • Doutor en Arte (D.A.)
  • Doutor en Arquitectura (D.Arch.)
  • Doutor en Bioética
  • Doutor en Ciencia Aplicada (D.A.S.)
  • Doutor en Ciencias Administrativas (D.B.A)
  • Doutor en Química (D.Chem.)
  • Doutor en Xustiza Criminal (D.C.J.)
  • Doutor en Dereito Civil (D.C.L.)
  • Doutor en Ciencias da Computación (D.C.S.)
  • Doutor en Criminoloxía (D.Crim.)
  • Doutor en Educación (Ed.D.)
  • Doutor en Deseño Ambiental (D.E.D.)
  • Doutor en Ciencias Farmacéuticas (D.C.F)
  • Doutor en Enxeñería (D.Eng.)
  • Doutor en Ambiente (D.Env.)
  • Doutor en Ciencia da Enxeñería (D.E.Sc./Sc.D.E.)
  • Doutor en Belas Artes (D.F.A.)
  • Doutor en Ciencias Xeolóxicas (D.G.S.)
  • Doutor en Saúde e Seguridade (D.H.S.)
  • Doutor en Estudos Hebreos (D.H.S.)
  • Doutor en Tecnoloxía Industrial (D.I.T.)
  • Doutor en Tecnoloxía da Información (D.I.T.)
  • Doutor en Ciencias Xurídicas (S.J.D.)
  • Doutor en Ciencia Bibliotecaria (D.L.S.)
  • Doutor en Música (D.M.)
  • Doutor en Artes Musicais (D.M.A., A.Mus.D.)
  • Doutor en Educación Musical (D.M.E.)
  • Doutor en Ciencias Médicas (D.M.Sc.)
  • Doutor en Ciencias da Enfermería (D.N.Sc.)
  • Doutor en Administración Pública (D.P.A.)
  • Doutor en Ciencias Políticas (DCP)
  • Doutor en Educación Física (D.P.E.)
  • Doutor en Saúde Pública (D.P.H.)
  • Doutor en Estudos profesionais (D.P.S.)
  • Doutor en Deseño (Dr.DES.)
  • Doutor en Ciencia (D.Sc./Sc.D.)
  • Doutor en Ciencia en Odontoloxía (D.Sc.D.)
  • Doutor en Ciencia e Hixiene (D.Sc.H.)
  • Doutor en Ciencia en Medicina Veterinaria (D.Sc.V.M.)
  • Doutor en Ciencias Sociais (D.S.Sc.)
  • Doutor en Psicoloxía (Dr. en Psic./Ph.D)
  • Doutor en Dereito Canónico (J.C.D.)
  • Doutor en Rehabilitación (Rh.D.)
  • Doutor en Teoloxía (Th.D.)

Os principais doutoramentos profesionais son:

  • D.C. (Doutor en Quiropraxia)
  • D.D.S. (Doutor en Cirurxía Maxilofacial)
  • J.D. o Dr.Jur. (Juris Doctor ou Doutor en Dereito)
  • M.D. o Dr.Med. (Medicinæ Doctor ou Doutor en Medicina)
  • D.P.T. (Doutor en Terapia física)
  • D.O. (Doutor en Medicina Osteopática)
  • D.M.D. (Doutor en Medicina Dental)
  • D.V.M. (Doutor en Medicina Veterinaria)
  • Psy.D. (Doutor en Psicoloxía Clínica)
  • Pharm.D. (Doutor en Farmacia)
  • O.D. (Doutor en Optometría)
  • Fent. (Doutor en cardioloxía)
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para doutoramento.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]