Miguel Fisac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Fisac
Nome completoMiguel Fisac Serna
Nacemento29 de setembro de 1913
Lugar de nacementoDaimiel
Falecemento12 de maio de 2006
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid e Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Ocupaciónarquitecto, pintor e urbanista
CónxuxeAna Maria Badell Lapetra
FillosTaciana Fisac
IrmánsLola Fisac
Coñecido poriglesia de San Pedro Mártir, Town Hall of Villanueva de Perales, Casa de la Cultura, Villanueva de Perales, iglesia de Santa Ana y Nuestra Señora de la Esperanza, headquarters of Secretaría General de Pesca del Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Edificio Moroder, sede do Centro de Estudos Hidrográficos, Edificio Vega, Madrid e La Pagoda
PremiosPremio Nacional de Arquitectura de España, Comendador da Ordem de Isabel a Católica, Condecoracións de Castilla-La Mancha, Medalla de Ouro da Arquitectura, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e Encomenda da Orde Civil de Afonso X o Sabio
Na rede
http://fundacionfisac.com/la-fundacion/origen-y-estructura-2/
Dialnet: 41211
editar datos en Wikidata ]
Igrexa en Punta Umbría, obra de Fisac.

Miguel Fisac Serna, nado en Daimiel (Cidade Real) o 29 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 12 de maio de 2006[1] foi un arquitecto, urbanista e pintor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun farmacéutico, a Guerra Civil Española interrompeu os seus estudos de arquitectura en Madrid. Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1942 coa obtención do Premio Superior. Descontento coa arquitectura que se estaba a facer, logrou un estilo persoal, no que os seus edificios incorporaban orixinais solucións estruturais de formigón pretensado e as súas características vigas-óso.

Nos seus comezos, pouco a pouco vaise apartando do racionalismo dos seus mestres, influenciado pola obra do arquitecto norteamericano Frank Lloyd Wright, o neoempirismo do arquitecto Erik Gunnar Asplund e o organicismo nórdico, experimentado na súa viaxe en 1949 a Suecia. Interesoulle tamén a arquitectura popular.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Edificio IBM en Madrid.
  • Teatro Miguel Fisac de Castilblanco de los Arroyos, Sevilla.
  • Edificio central do CSIC en Madrid.
  • Igrexa do Espírito Santo en Madrid
  • Igrexa en Punta Umbría.
  • Instituto Nacional de Óptica Daza de Valdés en Madrid.
  • Centro de Estudios Hidrográficos en Madrid.
  • Centro de Cálculo da Universidade Complutense de Madrid .
  • Edificio de IBM no Paseo da Castellana de Madrid.
  • Edificio dos Laboratorios Jorba, La Pagoda, en Madrid.

Obra escrita[editar | editar a fonte]

  • La arquitectura popular española y su valor ante la del futuro. Madrid: Ateneo, 1952.
  • La molécula urbana. Una propuesta para la ciudad del futuro Madrid: Ediciones y Publicaciones Españolas, 1969.
  • Reflexiones sobre mi muerte. Madrid: Nueva Utopía, 2000.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en elpais.com, 5-maio-2006 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]