Funcionalismo (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fábrica Fargus de Walter Gropius

Funtionalismo, en arquitectura, é un estilo arquitectónico do século XX baseado no principio polo cal os arquitectos deben deseñar o edificio baseado no propósito do edificio mesmo, representa unha volta aos principios mesmos da arquitectura, formulada como necesidade e que ten en conta os valores sociolóxicos derivados da civilización industrial. Foi un estilo de ámbito internacional propio do período de entreguerras que cifra os seus principios arquitectónicos en termos volumétricos, e non de masas, o que provoca o abandono da simetría axial en favor dunha diferenciación e organización dos elementos do edificio en razón da súa función sen calquera ornamentación superflua que poida ocultar o seu artellamento.

É a época dos grandes rañaceos pero tamén doutra arquitectura na cal a forma e os material estaban en relación harmonica coa paisaxe como o caso das luxosas residencias rurais norteamericanas, ou da Bauhaus que puña en práctica a fusión de tódalas artes ou de Le Corbusier en Francia.