Saltar ao contido

Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
Madrid Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Datas
 Fundación / creación
1844 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Localización
 Situado en
 Sede
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF157565478 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121934783 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0h0bw0 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: ETSAMadrid Twitter: etsamadrid Enciclopedia Galega Universal: 121722 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), é a escola de arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid (España). Prepara e expide o título de Arquitecto, así como doutorados e diversos masters de posgrao. Esta escola creouse en 1844 co nome de Escuela Especial de Arquitectura de Madrid e é a escola de arquitectura máis antiga de España. O actual edificio inaugurouse en 1936.

Filipe V, o primeiro monarca Borbón español, seguindo o exemplo das Academias francesas, fundou en 1744 a Real Academia de las Tres Nobles Artes (pintura, escultura e arquitectura), na que se organizaron os estudos de arquitectura en 1752. Fernando VI aprobou os seus estatutos en 1757 e dende entón expediu o título oficial de Arquitecto, que substituíu o que ata ese momento daban os gremios.

A Real Academia de Belas Artes de San Fernando impartiu na súa sala de arquitectura as ensinanzas do título oficial na Casa de la Panadería da Praza Maior de Madrid entre 1757 e 1774, e no antigo Palacio Goyeneche da rúa Alcalá ata 1847.

En 1844 reformáronse as ensinanzas de belas artes, separándose as de arquitectura, escultura, e pintura e gravado, dando lugar a un Estudo Especial de Arquitectura dentro da nova Escola de Nobres Artes. En 1847, a escola instalouse en parte no edificio dos Reales Estudios de San Isidro (na actualidade Instituto de San Isidro).

En 1936 a Escola inaugurou a súa nova sede na avenida de Juan de Herrera da Cidade Universitaria de Madrid que quedou arrasada na Guerra Civil. O edificio, reconstruído, reinaugurouse en 1942.

Antigos alumnos célebres

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]