Laboratorio de Formas
Aparencia
| Laboratorio de Formas | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
| Datas | |||
| |||
| Recoñecemento | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Wikidata |

O Laboratorio de Formas é unha sociedade sen fin de lucro, vencellada ao Grupo Sargadelos e que foi responsábel do deseño e investigación creativa dese grupo económico e artesanal.
Historia
[editar | editar a fonte]Creado na Arxentina en 1963 da man de Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e Andrés Fernández-Albalat Lois, incorporouse posteriormente ao grupo de empresas Sargadelos, na súa sede en Galicia.
O Laboratorio de Formas foi o responsábel do deseño das liñas cerámicas de Sargadelos, mais tamén da coordinación inicial das actividades do grupo empresarial.
Recibiu en 2008 o Premio Nacional de Iniciativa cultural.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Díaz, Xosé (novembro de 2010). "Seoane o deseño e o Laboratorio de Formas". Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (33): 35–41. ISSN 1136-3207.
- ↑ Díaz, Xosé (2010). "O factor simbólico. Luís Seoane e o Laboratorio de Formas" (PDF). Grial. Revista galega de cultura (186): 46–53. ISSN 0017-4181.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Laboratorio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.