Clube Nacionalista Alén Nós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clube Nacionalista Alén-Nós
TipoGrupo de debate político
Data de fundación1985
Fundador(es)Luciano García Alén
Nomeado en referencia aPerfecto Yebra Martul-Ortega, Xosé Manuel Barreiro, Xesús Couceiro Rivas, José Manuel García Iglesias, José Antonio Gómez Segade, Xosé Manuel González Reboredo e María Luisa Sobrino Manzanares.
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

O Clube Nacionalista Alén-Nós é un grupo de debate político galego constituído en 1986.

Historia[editar | editar a fonte]

Logo do resultado electoral de Coalición Galega nas eleccións autonómicas de 1985, algúns nacionalistas vinculados ao partido decidiron crear un grupo de debate para estruturar un galeguismo asumible como fórmula política. Para iso, comezaron a realizar conferencias e táboas redondas con diferentes personalidades co fin de coñecer as diferentes opinións.[1]

O fundador e primeiro presidente foi o médico e investigador etnográfico Luciano García Alén, coa colaboración de Perfecto Yebra Martul-Ortega, avogado e político galego, que asumiu o secretariado.

Os primeiros integrantes do club foron Xosé Manuel Barreiro,[2] Xesús Couceiro Rivas, José Manuel García Iglesias, José Antonio Gómez Segade, Xosé Manuel González Reboredo e María Luisa Sobrino Manzanares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (15 de novembro de 2003). "La Lei do Solo será debatida en el Clube Nacionalista Alén Nós". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2021. 
  2. García Iglesias, José Manuel (17 de abril de 2021). "Xosé Ramón Barreiro". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]