Cemiterio de Pereiró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°12′31.64″N 8°44′0.72″O / 42.2087889, -8.7335333

A Cruz Vermella de Vigo aos soldados repatriados de Cuba e Filipinas, 1898. A Vigo chegaron 153 deles mortos.

O cemiterio de Pereiró, de titularidade municipal, é un camposanto do lugar de Pereiró, na parroquia viguesa de Matamá, deseñado por Jenaro de la Fuente Domínguez, inaugurado en marzo de 1898, sendo alcalde Antonio López de Neira e bispo Valeriano Menéndez Conde y Álvarez, que recibiron as chaves do recinto.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia do cemiterio vai parella á prosperidade de finais do século XIX da cidade de Vigo. A poboación aumentou, e os defuntos tamén. Ó quedar insuficientes os dous cemiterios que había daquela (Picacho e Santiago), a Corporación Municipal deu inicio a un cemiterio novo e máis hixiénico no ano 1889. Optouse polo lugar de Pereiró. Gastando 38.604 pesetas nas expropiacións de 121 terreos e 100.000 na construción, fíxose un camposanto de 62.500 m², rodeado dun muro de pedra de tres metros e medio de altura, con dous grandes paseos centrais e oito corredores, dividido en 16 cadrados para panteóns, sepulturas ordinarias, foxa común e cemiterio civil, con arboredo separándoos.[1] José Elduayen foi o seu principal impulsor e quen financiou a capela, adicada á Virxe das Dores, onde están inhumados o propio Elduayen, que finou no mesmo ano da inauguración, e a súa familia.

Fusilamentos de 1936[editar | editar a fonte]

Tumba ós asasinados durante a Guerra Civil.

Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 27 de agosto, foron fusilados no cemiterio o alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o alcalde do Concello de Lavadores, José Antela, Ramón González Brunet, Ubaldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez, Apolinar Torres e os deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía.[2][3]

Persoeiros inhumados [1][editar | editar a fonte]

Arte funeraria[editar | editar a fonte]

No cemiterio hai varias obras do escultor Francisco Asorey González.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Familias Glez. de Haz e Quiroga. 
Familia de Tomás Mirambell Maristany. 
Familia de Marcelino Barreras Casellas. 
Familia de Francisco Solleiro. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Otero Rodríguez, Isaac Ángel (11/11/2013). "Historia y arte funerario del Cementerio de Pereiró de Vigo". 
  2. «"Lo más selecto" de Vigo en 1936», El País, 28 de agosto de 2008.
  3. Sentenza, páx. 99-100 en Claridade. Revista da Fundación Luís Tilve. Setembro de 2007 Arquivado 01 de marzo de 2014 en Wayback Machine.
  4. Foi inhumada no Cemiterio de Picacho. Os seus restos foron trasladados en 1912 a Pereiró: Vida Gallega, Ano IV Número 38 - 1912 abril
  5. Os restos foron trasladados do Pereiro de Aguiar a Pereiró o 9 de agosto de 1932.
  6. 6,0 6,1 Galicia, Traslado de restos, ABC, 7 de novembro de 1924 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Blanco, Lino (18/3/2018). "Pereiró, un cementerio com mucha historia". Faro de Vigo (en castelán). p. 12. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]