Fina Casalderrey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 10 de febreiro de 2021 ás 13:35 por Maria zaos (conversa | contribucións) (arranxo lig morta)
Infotaula de personaXosefa Casalderrey Fraga

Na presentación de E ti que farías por min? no Culturgal 2010 no Pazo da Cultura de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Xeve, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, literatura infantil e xuvenil, pedagoxía, Etnografía, xornalismo e Drama Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , pedagoga , etnógrafa , xornalista , profesora , escritora de literatura infantil , dramaturga Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela, Narrativa
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webfina.casalderrey.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2768490 Bitraga: 1316 AELG: 397 Editar o valor em Wikidata

Xosefa Casalderrey Fraga, máis coñecida como Fina Casalderrey, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.

Traxectoria

Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilouse no 2010 como profesora de ensino secundario. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.

Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.

Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.

En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.

Xaime Toxo, Francisco Castro, Víctor Freixanes, Fina Casalderrey, Xesús Alonso Montero, na presentación de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 08/10/2017

En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto[1].


Predecesor:
Margarita Ledo
 Arquiveira/Bibliotecaria da RAG 
dende 2017
Sucesor:
no cargo

Recoñecemento

Desde 2018 convócase o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade co seu nome.[2]

Obra

Literatura infanto-xuvenil

O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey, esta incluído na Biblioteca Galega 120.
  • Mutacións xenéticas (1991, Vía Láctea, novela xuvenil). Foi traducida ao catalán.[3]
  • Dúas bágoas por Máquina (1992, Xerais, narrativa infantil). Foi traducida ao catalán,[4] ao éuscaro[5] e ao castelán.[6]
  • Chamizo (1994, Xerais, narrativa infantil). Foi traducida ao éuscaro.[7]
  • ¡Asústate, Merche! (1994, Xerais, novela xuvenil). Foi traducida ao castelán,[8] ao catalán[9] e ao portugués.[10]
  • O misterio dos fillos de Lúa (1995, S. M., narrativa infantil). Foi traducida ao castelán,[11] ao catalán[12] e ao bretón.[13]
  • Recursos teatrais para a expresión dramática na escola (Xerais, teatro infantil).
  • O estanque dos parrulos pobres (1996, Edebé-Rodeira, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán,[14] ao catalán[15] e ao éuscaro.[16]
  • ¡Prohibido casar, papá! (1996, Galaxia, novela xuvenil). Foi traducida ao castelán,[17] ao catalán,[18] ao éuscaro,[19] ao portugués[20] e ao brasileiro.[21]
  • ¿Sobrevives? (1996, Xerais, novela xuvenil). Foi traducida ao castelán[22] e ao catalán.[23]
  • Podesvir (1997, Sotelo Blanco, narrativa infantil).
  • ¡Puag, que noxo! (1997, Galaxia, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán,[24] ao catalán,[25] ao éuscaro[26] e ao asturiano.[27]
  • Ás de mosca para Anxo (1998, Xerais, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán,[28] ao éuscaro[29] e ao catalán.[30]
  • Cuca e o abrigo marrón (1998, narrativa xuvenil). Foi traducida ao castelán.[31]
  • Nolo e os ladróns de leña (1998, S. M., narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[32]
  • Unha raíña negra (1998, Ed. Edebé, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[33]
  • A filla das ondas (1999, Concello de Pontevedra, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[34]
  • Bicos de prata (1999, Ir Indo, narrativa infantil).
  • O misterio do cemiterio vello (1999, S. M., narrativa xuvenil). Foi traducida ao castelán.[35]
  • Pimpín e dona Gata (1999, S. M., narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[36]
  • Unha pantasma branca (2000, Everest, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[37]
  • A máscara de palma (2001, Galaxia, narrativa xuvenil).
  • Cando a Terra esqueceu xirar (2002, S. M., narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[38]
  • O avó é sabio (2002, Combel Editorial, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán[39] e ao catalán.[40]
  • O avó sae de paseo (2002, Combel Editorial, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán[41] e ao catalán.[42]
  • A avoa ten unha menciña (2002, Combel Editorial, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán,[43] ao catalán[44] e ao portugués.[45]
  • A avoa non quere comer (2002, Combel Editorial, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán[46] e ao catalán.[47]
  • Derradeira carta ós Reis Magos (2002, Xerais, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[48]
  • ¡Un can no piso! ¿E que? (2003, Galaxia, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán,[49] ao catalán,[50] ao éuscaro,[51] ao aragonés[52] e ao asturiano.[53]
  • Desventuras dun lobo namorado (2003, Galaxia, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[54]
  • Lúas de nácara (2003, Xerais, narrativa infantil).
  • Eu son eu (2004, Xerais, narrativa infantil). Fli traducida ao castelán,[55] ao catalán[56] e ao éuscaro.[57]
  • Un misterio na mochila de Alba (2005, Planeta-Oxford, narrativa infantil. No 2011 publícase unha edición ampliada). Foi traducida ao castelán.[58]
  • O meu avó é unha gata (2005, Xerais, narrativa infantil). Foi traducido ao castelán,[59] ao catalán[60] e ao éuscaro.[61]
  • ¿Quen me quere adoptar? (2005, Xerais, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[62]
  • Isha, nacida do corazón (2006, Edebé-Rodeira, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán[63] e ao catalán.[64]
  • ¡¡¡Lume!!! (2006, Edebé-Rodeira, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán[65] e ao catalán.[66]
  • Apertas de vainilla (2007, Galaxia, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[67]
  • Gordiño, recheo (2007, S. M., narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[68]
  • A lagoa das nenas mudas (2007, Xerais, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán,[69] ao catalán[70] e ao éuscaro.[71]
  • A Pomba e o Degolado (2007, Xerais, narrativa xuvenil). Foi traducida ao castelán,[72] ao catalán[73] e ao inglés.[74]
  • Ola, estúpido monstro peludo! (2007, Galaxia, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán[75] e ao catalán.[76]
  • Un cabalo de lume (2007, Baía Edicións, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán,[77] ao catalán[78][79] e ao éuscaro.[80]
  • Un día de caca e vaca (2007, Baía Edicións, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán,[81] ao catalán[82][83] e ao éuscaro.[84]
  • Xela volveuse vampira (2007, Baía Edicións, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[85]
  • A pequena Gardiana (2008, narrativa infantil).
  • Fiz, o coleccionista de medos (2009, Oqo, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán,[86] ao éuscaro,[87] ao portugués,[88] ao inglés,[89] ao francés[90] e ao italiano.[91]
  • Papá é meu! (2009, Galaxia, narrativa infantil).
  • O misterio da casa do Pombal (2009, S.M., narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[92]
  • Pesadelo no tren Chocolate (2009, Galaxia, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán.[93] e ao catalán.[94]
  • 1 pulga, 5 amigos e 1 tándem (2009, narrativa infantil).
  • ¿E ti que farías por min? (2010, Xerais, narrativa infantil).
  • Un saco de estrelas (2010, Xerais, narrativa infantil).
  • O misterio do Faro Vello (2012, Xerais, narrativa infantil).
  • Cuca e o abrigo marrón (2014, Edebé-Rodeira, narrativa infantil).
  • Historia da bicicleta dun home lagarto (2014, Xerais, narrativa infantil). Foi traducida ao castelán[95] e ao catalán.[96]
  • A furgoneta branca (2019, Xerais, narrativa infantil).
  • Lingua guapa. Cantos que contan… (2020, Galaxia, 76 páxs., poemas). Acompaña un CD con catorce cancións na voz de Ángeles Ruibal, arranxos e produción de Néstor Blanco.

Narrativa

  • A rosquilleira (2003, Casa de Galicia de León).
  • Dúas letras (2012, Galaxia). Acompañada da película do mesmo nome dirixida por Eloy Varela.

Obras colectivas e en colaboración con outros autores

  • O libro da empanada (1993, Xerais).
  • Festas gastronómicas de Galicia (1994, Xerais).
  • E dixo o corvo...(1997, Xunta de Galicia).
  • Novo do trinque (1997, BNG).
  • Repostería en Galicia (1997, Xerais).
  • Imos xuntos camiñar (1999, Xunta de Galicia).
  • Contos de ler e contar (2001, Xunta de Galicia).
  • Ninguén está só (2001, Tris Tram).
  • Palabras con fondo (2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade).
  • Un saquiño de contos (2001, Xerais).
  • Tres pegadas (2002).
  • Contos dende a Arquitectura (2003, Colexio de Arquitectos de Pontevedra).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Terras de Moraña (2003).
  • ¡Adeus, pés!, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos (2004, Xunta de Galicia).
  • Postais do Camiño (2004, Galaxia).
  • Contos de medo no museo (2005, Museo Provincial de Lugo).
  • Poetas e Narradores nas súas voces. Volume II (2006, Consello da Cultura Galega).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • Quen casa ten de seu (2009).
  • Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • O neno can (2012 Galaxia). En colaboración con Francisco Castro. Foi traducido ao castelán.[97]
  • Xabarín 18 (2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia).
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (Concello de Pontevedra/Galaxia (2015).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
  • María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. A canda Marilar Aleixandre (2018, Xerais)

Traducións

  • Kika superbruxa. Tola polo fútbol (2006, Bruño).
  • Números animados. (2006, Bruño)

Premios

  • Premio Merlín no 1991, por Dúas bágoas por Máquina.
  • Premio de narración breve Casa de Galicia de León no 1993, por A rosquilleira.
  • Premio O Barco de Vapor no 1994, por O misterio dos fillos de Lúa.
  • Premio Edebé de Literatura Infantil no 1995, por O estanque dos parrulos pobres.
  • Premio Álvaro Cunqueiro de Periodismo Gastronómico no 1999, por Repostería en Galicia.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 1996, pola novela O misterio dos fillos de Lúa.
  • Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano no 2006.
  • Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores no 2012.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2014, por O neno can.
  • Premio Rosa dos Ventos do Instituto Galego-Arxentino Apóstol Santiago de Bos Aires, 2018.[98]

Obra gastronómica

Publicou, xunto con Mariano García, libros de gastronomía coma O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia ou Repostería en Galicia.

Notas

  1. Rodri García (18 de xaneiro de 2013). "Fina Casalderrey, académica de la RAG". La Voz de Galicia. 
  2. "Acto de entrega del I Premio Fina Casalderrey". A Coruña.gal. Consultado o 30 de novembro de 2018. 
  3. "Mutacions genètiques: els lladres de la ciència". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  4. "Dues llàgrimes per Màquina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  5. "Bi malko Makinarengatik". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  6. "Dos lágrimas por Máquina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  7. "Ilenti". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  8. "¡Pásmate, Merche!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-01. 
  9. "Ostres, tu, saps què?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-01. 
  10. "Nem te passa!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-01. 
  11. "El misterio de los hijos de Lúa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  12. "El misteri dels fills de la Lluna". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  13. "Kevrin ar c'hizhier bihan". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  14. "El estanque de los patos pobres". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  15. "L'estany dels ànecs pobres". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  16. "Ahate pobreen urmaela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  17. "¡No te cases, papá!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  18. "No et pots casar, pare!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  19. "Ez ezkondu, aita!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  20. "Não te cases, papá!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  21. "Não se case, papai!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  22. "¿Sobrevives?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  23. "Sobrevius?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  24. "¡Puag, qué asco!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  25. "Ecs, quin fàstic!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  26. "Puf! Hau nazka!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  27. "¡Puah, qué ascu!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  28. "Alas de mosca para Ángel". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  29. "Euli-hegoak Anxorentzat". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  30. "Ales de mosca per a l'Angel". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  31. "Cuca y el abrigo marrón". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  32. "Nolo y los ladrones de leña". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  33. "Una reina negra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  34. "Hija de las olas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-01. 
  35. "El misterio del cementerio viejo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  36. "Pimpín y doña Gata". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  37. "Un fantasma blanco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  38. "Cuando la Tierra se olvidó de girar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  39. "El abuelo es sabio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  40. "L'avi és molt savi". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-01. 
  41. "El abuelo sale de paseo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  42. "L'avi surt a passejar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  43. "La abuela tiene una medicina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  44. "L'àvia té una medecina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  45. "A avó tem um remédio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  46. "La abuela no quiere comer". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  47. "L'àvia no vol menjar". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-01. 
  48. "Última carta a los Reyes Magos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  49. "¡Un perro en el piso!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  50. "Un gos al pis!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  51. "Txakurra daukagu etxean". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  52. "Un can en o piso!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  53. "Falo col perru". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  54. "Desventuras de un lobo enamorado". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  55. "Yo soy yo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  56. "Jo sóc jo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  57. "Ni ni naiz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  58. "Un misterio en la mochila de Alba". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  59. "Mi abuelo es una gata". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  60. "El meu iaio és una gata". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  61. "Nire aitona kateme bat da". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  62. "¿Quién quiere adoptarme?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  63. "Isha, nacida del corazón". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  64. "Isha, nascuda del cor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  65. "¡¡¡Fuego!!!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  66. "Foc!!!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  67. "Abrazos de vainilla". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  68. "Gordito relleno". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  69. "Silence!: el lago de las niñas mudas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  70. "El llac de les xiquetes mudes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  71. "Isilik, el lago de las girls mudas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  72. "La paloma y el degollado". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  73. "Contra el vent". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  74. "Dove and Cut Throat". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  75. "¡Hola, estúpido monstruo peludo!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  76. "Hola, estúpid monstre pelut!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  77. "Un caballo de fuego". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  78. "Un cavall de foc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  79. "Un cavall de foc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  80. "Suzko zaldia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  81. "Un día de caca y vaca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  82. "Un día de caca i vaca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  83. "Un día de caca i vaca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  84. "Lehenengo txangoa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-01. 
  85. "¡Gela se ha vuelto vampira!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  86. "Félix, el coleccionista de miedos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  87. "Mattinen beldur-kutxa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  88. "Félix, o coleccionador de medos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  89. "Felix, the fear collector". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  90. "Félix, le collectionneur de peurs". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  91. "Felix, il collezionista di paure". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  92. "El misterio de la casa del palomar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  93. "Pesadilla en el tren de chocolate". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2021-02-10. 
  94. "Malson al tren Xocolate". Bitraga. Biblioteca de tradución galega. Consultado o 2021-02-10. 
  95. "Historia de la bicicleta de un hombre lagarto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  96. "Història de la bicicleta d'un home llangardaix". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  97. "El niño perro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-01. 
  98. Redacción (outubro-novembro-decembro 2018). "Henrique Monteagudo, catedrático de Filoloxía Galega". Grial LVI (220): 10. 

Véxase tamén

Ligazóns externas