Dúas bágoas por Máquina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dúas bágoas por Máquina
Autor/aFina Casalderrey
Lingualingua galega
Xénero(s)novela
Data de pub.1992
editar datos en Wikidata ]

Dúas bagoas por Máquina é unha novela infantil-xuvenil de Fina Casalderrey. Foi publicada por Edicións Xerais en 1992 e foi galardoada co Premio Merlín.

Trama[editar | editar a fonte]

O libro relata a historia vivida tanto en primeira como en terceira persoa de Xusta e do seu can, Máquina.

O primeiro capítulo comeza coa desaparición de Máquina na aldea e a súa respectiva busca por parte da protagonista e o seu irmán, Moncho. Ambos os dous crean un gran rebumbio na aldea e a pesar de todos os seus esforzos, Máquina segue sen aparecer.

No segundo capítulo, Xusta narra anécdotas pasadas de Máquina. Relata o día do seu sexto aniversario, cando os seus pais llo regalaron e a orixe do seu nome. Tamén conta os seus primeiros días na casa e o seu especial aprecio por parte do avó de Xusta e Moncho, o desprezo por parte da súa avoa e a indiferenza dos seus pais.

No terceiro capítulo, cando Máquina xa é un pouco maior e rebelde na casa, menos con Xusta, increméntase o desprezo da avoa e a posición imparcial dos pais tende a parecerse á da avoa. A situación aínda empeora máis para os protagonistas cando o avó morre dun problema de corazón.

No cuarto capítulo, Máquina segue dando problemas no ámbito familiar. Tan grave é a situación que o pai de Xusta, Tomás, decide que o mellor é abandonalo noutra aldea a 100 km da que estaba. Xusta e Moncho deciden buscalo tal e como se narra no primeiro capítulo até que, de súpeto, aparece un día ás portas da escola dos irmáns.

No quinto e sexto capítulo, tras a aparición de Máquina, só se narran anécdotas de boa convivencia no ámbito familiar. O final do libro remata coa morte de Máquina intentando salvar a avoa dun accidente de tráfico, a pesar do desprezo que lle tiña ela.

Narración[editar | editar a fonte]

A narración do libro vai cambiando a medida que remata un capítulo es comeza outro:

  • O capítulo un, Rebumbio na aldea: trátase dunha narración en terceira persoa, na que o narrador é omnisciente e non participa na trama da historia.
  • O capítulo dous, Lembrando a Máquina: esta vez trátase dunha narración en primeira persoa. Neste caso, é Xusta quen conta os acontecementos sucedidos e o fai virando cara ao pasado.
  • O capítulo tres, As falcatruadas de Máquina: de novo trátase dunha narración en primeira persoa. Neste caso, é Xusta quen conta os acontecementos sucedidos e o fai virando cara ao pasado.
  • O capítulo catro, Todo se complica: trátase dunha narración en primeira persoa. Neste caso, é Xusta quen conta os acontecementos sucedidos e o fai virando cara ao pasado.
  • O capítulo cinco, Xusta comeza a vivir de novo: trátase dunha narración en terceira persoa, na que o narrador é omnisciente e non participa na trama da historia.
  • O capítulo seis, Dúas bágoas por Máquina: trátase dunha narración en terceira persoa, na que o narrador é omnisciente e non participa na trama da historia.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Xusta: É unha nena de pelo escuro, case negro, non moi longo. Os seus ollos son castaños, moi escuros. Non son demasiado grandes aínda que si moi espelidos.
  • Moncho: Irmán máis vello de Xusta
  • Máquina: Can co pelo longo, acastañado, cunha manchas brancas arredor dos ollos. Parecido a un cócker.
  • Avó
  • Avoa
  • Pai e nai de Xusta e Moncho, Tomás e Matilde
  • Arturo: Grande amigo e compañeiro de clase de Xusta.

Espazo[editar | editar a fonte]

Toda a historia desenvólvese na aldea de Xusta. Polo que sae mencionado nalgún capítulo, trátase dunha pequena aldea no norte de Lugo, preto do río Grande.