Elia é unha unha rapaza de 14 anos orfa de nai. O seu pai comeza unha relación con Berta, pero esta non lle cae ben á filla. Elia é internada nun hospital logo dunha apendicite, e alí recorda os momentos máis importantes da súa vida xunto ás visitas dos amigos e familiares, incluída Berta.
Trata os temas da familia e da morte desde a perspectiva da adolescencia, valorando a importancia das relacións afectivas e o amor.
A obra foi traducida ao castelán (¡No te cases, papá!; SM, 1997), catalán (No et pots casar, pare!; Bromera, 2003), portugués (Não te cases, papá! en Portugal; Ambar, 2000. Não se case, papai! no Brasil; Paulinas, 2002) e éuscaro (Ez ezkondu, aita!; Elkar, 2009).