Xeve, Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°27′45″N 08°35′02″W / 42.46250°N 8.58389°W / 42.46250; -8.58389

Santo André de Xeve
CXeve.jpg
Antiga casa consistorial
Concello Pontevedra
Área 11,01 km²
Poboación 1.108 hab. (2013)
Densidade 100,64 hab./km²
Entidades de poboación 6

Santo André de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.108 habitantes (591 mulleres e 517 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 1.219 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve como concello independente, aínda que agora pertence ó de Pontevedra.

Situación[editar | editar a fonte]

A parroquia sitúase no nordeste da cidade e linda con Santa María de Xeve, Mourente, Bora, así como co veciño concello de Cotobade.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Na parroquia emprázase o campo de tiro de Cernadiñas Novas, onde se celebran competicións nesta modalidade deportiva. Destacan a igrexa parroquial (do século XVI e reformada no XVII), a casa reitoral, situada nas súas inmediacións, e a capela de san Roque.

Celebracións relixiosas[editar | editar a fonte]

O patrón da parroquia é santo André e a súa festa celébrase o día 30 de novembro. Tamén se celebran os días de san Roque, do Santísimo (no primeiro domingo despois do Corpus Christi) e da Virxe do Carme (o terceiro domingo de agosto).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Xeve[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Xeve no concello de Pontevedra

O Couso | Filgueira | Fragoso | Maúnzo | Santa Cruz | Sobral

Parroquias de Pontevedra[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | O Burgo (Santiago Peregrino) | Campañó (San Pedro) | Campolongo (San Xosé) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]