Francisco Castro Veloso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Castro Veloso
Francisco Castro (AELG)-1.jpg
Nome completo Francisco Castro Veloso
Nacemento 27 de outubro de 1966 (51 anos)
Lugar Vigo, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Xéneros Narrativa
Premios Premio Lueiro Rey, Premio Blanco Amor e Premio García Barros
editar datos en Wikidata ]

Francisco Castro Veloso, nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. Dende decembro de 2016 sucedeu como director a Víctor Freixanes á fronte da Editorial Galaxia[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que entra o lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam, que publica Galaxia.

En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica O ceo dos afogados que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.

En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado "Borobó despedido". Tamén neste ano publicou na colección Árbore de Galaxia a novela Chamádeme Simbad (Lista de Honra de IBBY 2012) e Premio Frei Martín Sarmiento 2011, e ao ano seguinte, a novela xuvenil, O segredo de Marco Polo.

A finais do ano 2010 foi nomeado presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), cargo que desenvolveu ata finais de 2015. No ano 2011 publica unha novela para adultos titulada In Vino Veritas.

No ano 2013, a súa novela O corazón da Branca de neve resultou gañadora da 13 edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.[2]

Xaime Toxo, Francisco Castro, Víctor Freixanes, Fina Casalderrey, Xesús Alonso Montero, na presentación de Unha ducia de galegos, en Pontevedra o 08/10/2017

En 2014 publicou a novela Tes ata as 10 e en 2016 Amor é unha palabra coma outra calquera.

En 2016 pasou a ocupar o cargo de director na Editorial Galaxia, sucedendo no posto a Víctor Freixanes, que pasou a ser conselleiro.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo (2009, Galaxia).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 1997, por Play-back.
  • Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela (1996) no Concello da Estrada
  • Premio de poesía O Facho no 2002.
  • Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellà no 2005, por Venres desesperado (look casual friday).
  • Premio Frei Martín Sarmiento no 2005, por Un bosque cheo de faias.
  • Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves no 2005, por Ningún fascista morreu inxustamente.
  • Premio Blanco Amor no 2006, por Spam.
  • Premio García Barros no 2007, por As palabras da néboa.
  • Finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil no 2007, por O ceo dos afogados.
  • Premio Frei Martín Sarmiento no 2009, por O ceo dos afogados.
  • Mellor libro infantil para as lectoras e lectores da web Fervenzas Literarias no 2009, por Chamádeme Simbad.
  • Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo Domínguez 'Borobó' no 2009, por Borobó, despedido.
  • Premio Frei Martín Sarmiento no 2011, por Chamádeme Simbad.
  • Chamádeme Simbad foi incluído na lista de honra do IBBY no 2012.
  • Gañador do 13º Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2013, por O corazón da Branca de neve.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2014, por O neno can.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de Bacharelato e adultos en 2016, por Tes ata as 10.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]