Pedagoxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O escravo pedagogo

A pedagoxía é a ciencia que estuda a educación como fenómeno tipicamente social e especificamente humano.

O seu significado está relacionado coa arte ou ciencia de ensinar. A palabra provén do grego antigo παιδαγωγός (paidagogós), o escravo que traía e levaba os nenos á escola. Das raíces paidós ('neno') e ago ('levar', 'conducir'). Inicialmente non se refería á ciencia, senón que era a denominación dun traballo: o pedagogo era o guía do neno.
Tamén se define como a arte de ensinar. Moi relacionado con este campo disciplinar, está a andragoxía.

Coa Ilustración europea de finais do século XVIII e comezos do XIX, desde Francia, Alemaña e Inglaterra, xente como o Marqués de Condorcet, Rousseau, Herbart, Pestalozzi, ou Fröbel, plantexan o interese "ilustrado" polo progreso humano, retomando o significante grego. Agora con outros significados que, por outra parte, xa estaban ancorados nas mesmas raíces sinaladas. Dun lado, "paidós", 'neno', comeza a expandirse ó significado do humano, de tódalas etapas da vida humana, e non só da nenez. O verbo, igualmente, deixa de ser o significado base da "guía" física ou psíquica para pasar a significar "condución", "apoio", "persoal", "vivencial".

Por iso, reiteradas veces se ten explicitado "pedagoxía" como "androgoxía", significante que non chegou a ter a mesma aceptación. Tal vez porque "pedagoxía", ademais da tradición, tiña ó seu favor a insistencia na infancia como tempo crucial para construír a persoa a perfeccionar. Ademais de evitar as preocupacións da linguaxe sexista actual que requiriría "androgoxía" e "xinegoxía", canto menos.

Concepto de pedagoxía[editar | editar a fonte]

A pedagoxía é un conxunto de saberes que se ocupan da educación como fenómeno tipicamente social e especificamente humano. É por tanto unha ciencia de carácter psicosocial que ten por obxecto o estudo da educación coa fin de coñecela e perfeccionala. A pedagoxía é unha ciencia aplicada que se nutre de moitas outras ramas, como a socioloxía, economía, antropoloxía, psicoloxía, historia, filosofía ou medicina.

É importante considerar que a pesar de que a conceptualización da pedagoxía como ciencia é un debate aínda aberto e que se centra nos criterios de cientificidade que se aplican ás demais ciencias e que non se aplican directamente á pedagoxía. Por isto referirse á pedagoxía como ciencia pode ser un tanto ambiguo, incorrecto, ou polo menos debatible. Existen autores que definen á pedagoxía como un saber, outros como unha arte, e outros como unha ciencia (se ben recoñecendo que como ciencia habería que establecer apuntes específicos) de natureza propia e obxecto específico de estudo, que son os sistemas públicos educativos e non a educación en xeral. En vista de que a súa razón de ser non se halla en si mesma, e que non é senón o punto de chegada e partida de diversas elucubracións respecto da educación, e contidos que se poden observar noutras ciencias.

Tipos de pedagoxía[editar | editar a fonte]

Existen varios criterios a través dos que se pode categorizar á pedagoxía:

  • 1. Pedagoxía Xeral: É a temática que se refire ás cuestións universais e globais da investigación e da acción sobre a educación.
  • 2. Pedagoxías específicas: As que ó longo dos anos sistematizaron un diferente corpo do coñecemento, en función das realidades históricas experimentadas (Pedagoxía Evolutiva, Diferencial, Educación especial, de adultos ou Andragoxía/ da Terceira Idade, etc...)
  • 3. Tipos de pedagoxías segundo o propósito que plantexan:
  • Pedagoxías tradicionais
  • Pedagoxías da modernidade
  • Pedagoxías Contemporáneas

Porén, López Herrerías sinala que a pedagoxía en si, ó estudar ó home "bio-psico-socio-cultural" xa están implícitas todas esas pedagoxías.

Hai que distinguir que a pedagoxía é a ciencia que estuda a educación, mentres que a didáctica é a disciplina ou conxunto de técnicas que facilitan a aprendizaxe. A didáctica é unha disciplina da pedagoxía.

A letra Pi (π) adoita ser utilizada como símbolo da pedagoxía.

Saídas Profesionais do Pedagogo:[editar | editar a fonte]

Existen dous grandes ámbitos dentro das saídas profesionais que un pedagogo pode ocupar: O "social e empresarial" e o relacionado coa Organización escolar e a Dirección de Centros:

O pedagogo pode traballar en distintos ámbitos e realizar diversas actividades:

  • Gabinete de Pedagoxía.
  • Orientación laboral, persoal, familiar e escolar, tanto en centros públicos como privados.
  • Colaboración e orientación en editoriais de libros relacionados coa educación.
  • Asesoramento pedagóxico.
  • Educación de adultos.
  • Recursos Humanos en distintos tipos de empresas.
  • Xestión da formación levando a cabo tarefas de planificación de accións formativas para empregados.
  • Inspección e asesoramento educativo.
  • Formación de formadores.
  • Pedagoxía hospitalaria.
  • Museística.
  • Educación de persoas con n.e.e.
  • Avaliación de centros.
  • Diagnósticos pedagóxicos en calquera centro, como os ocupacionais.
  • Traballo en centos de día e demais institucións dedicadas á terceira idade, así como en distintas organizacións, asociacións ou oenegués.
  • Coordinación de obradoiros educativos, intervención sociocultural en barrios marxinais, coordinación de actividades de ocio e tempo libre, coordinación de proxectos de educacion ambiental.
  • Investigación do campo educativo.
  • Traballo en Centros de Profesores e Recursos (CPR´s),
  • Axencias de colocación e ETT´s.
  • Coordinación de Programas de Iniciación Profesional (Plans de Garantía Social).
  • Educación en Institucións penitenciarias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]