¡Asústate, Merche!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

¡Asústate, Merche!
Autor/aFina Casalderrey
OrixeGaliza
LinguaGalicia Galego
ColecciónFóra de Xogo
Tema(s)Amor, familia, suicidio, amizade...
Xénero(s)Literatura infantil e xuvenil
EditorialXerais
Data de pub.Decembro 1994
FormatoCapa branda; 13 x 21 cm
Páxinas216 páxs.
ISBN84-7507-843-5

¡Asústate, Merche! é unha novela de Fina Casalderrey, publicada por Edicións Xerais en 1994. Está estruturada en tres partes, e consta de 44 capítulos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

  • Auria é unha adolescente de 15 anos que vive nunha vida que ela non elixiu e que experimenta unha nova experiencia que transforma o seu decorrer vital por completo e a obriga a pensar nunha solución drástica como é o suicidio. Logo dunha viaxe por Europa xunto con persoas coñecidas e tamén descoñecidas descobre o amor, algo que xamais se lle pasara pola cabeza, e descobre que a vida pode chegar a ser máis dura do que se imaxinaba.
  • Paio é o sobriño de Salvador, o profesor de relixión e cura da parroquia, e acode xunto co resto do grupo á viaxe que leva ós rapaces por todo Europa, o amor sorpréndeo á volta desta viaxe cando descobre os seus sentimentos por Auria. É adoptado e isto cáusalle certos problemas na súa relación con Auria,a pesar de que esta descúbreo case sen querer.
  • Merche é o diario de Auria, e a pesar de ser un diario ela veo como se fose unha amiga á que poder contarlle todo o que sente e pensa.

Secundarias[editar | editar a fonte]

  • Frida convértese na mellor amiga de Auria logo da viaxe, sofre graves problemas familiares e por iso debe mudarse con toda a familia a Valencia, aínda así non perde o contacto con Auria.
  • Salvador é o cura da parroquia ademais do mestre de relixión do instituto no que estuda Auria, a súa fe derrúbase un pouco cando se dá conta de que está namorado da nai de Auria, e estes comparten unha bela historia de amor.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Ao catalán por Pau Joan Hernàndez Fuenmayor co título de Ostres, tu, saps què? publicado en 1996 pola Editorial Cruïlla, Col. Gran Angular[1].
  • Ao castelán tamén por Pau Joan Hernàndez Fuenmayor co título de ¡Pásmate, Merche publicado en 1997 por Editorial SM, Colección Gran Angular[2].
  • Ao portugués por Pedro Nuno co título de Nem te passa! publicado en 1998 por Contemporânea Editora [3].

Notas[editar | editar a fonte]