Lalo Vázquez Xil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bernardo Miguel Vázquez Xil
Datos persoais
Nacemento 27 de maio de 1927
Lugar Cerdedo-Cotobade
Falecemento 20 de xuño de 2016 (89 anos)
Lugar Vigo
Cónxuxe Celia García Martínez
Actividade
Lingua Galego e castelán.
Xéneros Historiografía, humor.
Estudos Licenciado en Educación Física e Ciencias da Información.

Bernardo Miguel Vázquez Xil (Lalo), nado en Cerdedo-Cotobade o 27 de maio de 1927 e finado en Vigo o 20 de xuño de 2016, foi un poeta, debuxante, xornalista, pintor, escultor, crítico de arte e escritor galego, cronista oficial da cidade de Vigo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre Nacional, licenciado en Educación Física e licenciado en Ciencias da Información, dirixiu El Pope, Galicia Deportiva e o Boletín de Información Municipal de Vigo onde foi xefe de prensa e xefe de relacións públicas. Dirixiu o Museo Municipal Quiñones de León. Traballou nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e Atlántico Diario e nas emisoras La Voz de Vigo e COPE.

Obra[editar | editar a fonte]

Algunhas das súas publicacións son:[2]

  • Cousas de Gorechiño, 1978, autoedición.
  • Los tesoros de la Ría de Vigo, 1985.
  • Vigo, camp, 1985, Concello de Vigo.
  • Vigo, honras, títulos e símbolos, 1986.
  • Retrincos da historia de Vigo, 1989.
  • As rúas de Vigo, 1991, Ediciones Cardeñoso.
  • El humor gallego en los medios de comunicación, 1992, Cardeñoso.
  • A da alba sería (aventuras de D. Quixote en Galicia), 1996, Edicións do Cumio.
  • Vigo, personajes e paisaxes, 1997, Ediciones Cardeñoso.
  • Historia dos monumentos de Vigo, 1999, Concellería de Cultura.
  • Una tumba para el recuerdo, 1998, Instituto de Estudios Vigueses.
  • Historia de Vigo nos seus documentos, 1999, Concellería de Cultura.
  • Vigo: cielo, tierra y mar, 2003, Hércules de Ediciones.
  • Bouzas memoria y recuerdo, 2004, Concello de Vigo.
  • Diccionario da Reconquista, 2005, Concello de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]