Ramón Otero Pedrayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Otero Pedrayo")
Ramón Otero Pedrayo
Ramón Otero Pedrayo en el Aberri Eguna de 1933, en San Sebastián cropped.jpg
Na mesa presidencial do Aberri Eguna de 1933, en Donostia.
Datos persoais
Nacemento 5 de marzo de 1888
Lugar Ourense Galicia Galicia
Falecemento 10 de abril de 1976
Lugar Ourense Galicia Galicia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe María Josefa Galán Bustamante
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego castelán
Período {{{período}}}
Debut {{{debut}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, novela, ensaio
Princ. obras {{{obras}}}
Influencias {{{influencias}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
Sinatura de Ramón Otero Pedrayo.jpg
{{{web}}}

Día das Letras Galegas no 1988.

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego, membro da Xeración Nós. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ourense casa natal Risco-Pedrayo 1.jpg
Casa natal. R/ da Paz, Ourense.
Casa natal. R/ da Paz, Ourense.


Naceu nunha familia fidalga, fillo do médico e deputado Enrique Otero Sotelo, e de Eladia Pedrayo Ansoar (filla do avogado Ramón Pedrayo Silva). Estudou o bacharelato na súa cidade natal, e matricúlase en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, onde lle dá aulas Armando Cotarelo Valledor. Abandona os estudos e fai unha viaxe co seu tío polo mar do Norte.

En 1905 marcha a Madrid a estudar Dereito e retomar Filosofía e Letras. Tras licenciarse en 1911 regresa a Ourense. No ano 1918 ingresa nas Irmandades da Fala. En 1919 gañou a cátedra de Xeografía e Historia por oposición, sendo destinado a Santander, Burgos e en 1921 a Ourense.

En 1920 foi un dos fundadores da revista Nós. Colaborou de forma activa co Seminario de Estudos Galegos.

En 1931 fundou o Partido Nazonalista Repubricán, sendo elixido deputado nas Cortes da Segunda República Española. En decembro dese ano o partido unificouse xunto con outras frontes nacionalistas no Partido Galeguista. Neste este partido defendeu a aprobación do Estatuto de 1936, pero enfrontouse ás voces máis vinculadas á esquerda.

No verán de 1937, Durante a guerra civil española, foi deposto da súa cátedra e salvou a vida grazas ás boas relacións que mantiña coa cúpula da igrexa ourensá. Nos anos seguintes viviu no seu pazo de Trasalba, retirado da vida política.

En 1947 viaxa a Buenos Aires convidado polo Centro Galego, reencontrándose con Castelao. En 1948, xa con 60 anos, é reposto na súa cátedra. En 1950 acada a cátedra de Xeografía na Universidade de Santiago. Nese mesmo ano foi dos fundadores da Editorial Galaxia, sendo presidente do consello de administración.

Hoxe a Fundación Otero Pedrayo e mais a Fundación Penzol gardan a biblioteca así como os documentos e escritos do ilustre galego e continúa o seu labor na casa-museo de Trasalba. Foi soterrado no Cemiterio de San Francisco (Ourense).

Obra[editar | editar a fonte]

Pazo-museo en Trasalba.

Considerado o "Patriarca das letras galegas", pertenceu á Xeración Nós e é un dos máis preclaros escritores galegos. Traballou diversos xéneros: ensaio, novela, poesía, ademais dos estudos científicos de xeografía da súa cátedra da Universidade de Santiago.

Entre as súas novelas destacan Os camiños da vida e O mesón dos Ermos, descrición minuciosa dos costumes e da vida rural galega. Pero a máis coñecida é Arredor de si que pode considerarse como parcialmente autobiográfica e que nos permite albiscar os camiños que percorreron os integrantes da chamada Xeración Nós ata o galeguismo. Neste sentido "autobiográfico" Arredor de si complétase cos artigos "Dos nosos tempos", de Florentino López Cuevillas, e mais con Nós, os inadaptados de Vicente Risco, estes dous últimos aparecidos na revista Nós.

Na súa obra destaca o influxo do antropónimo Adrián. O autor, que nacera o día 5 de marzo, puxo este nome a tres personaxes dos seus libros: Adrián Solovio (Arredor de si), Adrián Silva (La vocación de Adrián Silva), e Adrián Soutelo (o tío de Paio, n' Os camiños da vida).

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa
—¿E logo que hai de novo señora Delfina? ¿Quen é ese hóspede que ten no cuarto grande do balcón? —preguntou o sarxento da Garda Civil, pousando o vaso de Ribeiro e enxugando cun branco pano, dobrado en catro, os grandes bigotes de regulamento.

—"A serea", Contos do camiño e da rúa.
Nós, Santiago de Compostela, 1932.[1]

  • Pantelas, home libre (relatos breves; Lar, 1925). Premio da Festa da Lingua Galega 1924, convocado polo SEG.
  • O purgatorio de don Ramiro (relatos breves, 1926).
  • Escrito na néboa (relatos breves, 1927).
  • Os camiños da vida (novela en tres libros; Editorial Nós, 1928).
  • Arredor de si (novela, 1930).
  • Contos do camiño e da rúa (relatos breves, 1932).
  • Fra Vernero (novela, 1934). Homenaxe a Zacharias Werner.
  • A romaría de Xelmírez (novela, 1934).
  • Devalar (novela, 1935).
  • O mesón dos ermos (relatos breves, 1936).
  • Entre a vendima e a castiñeira (relatos breves; Galaxia, 1957).
  • O señorito da Reboraina (novela, 1960).
  • O Maroutallo (relatos breves, 1974).
  • O fidalgo e outras narracións (relatos, 1982, Galaxia).
Pazo de Reboreda, no que naceu Xoán Manuel Pereira, a quen Pedrayo inmortalizou na obra O Señorito da Revoraina.
Teatro
  • A lagarada (1928, Nós).
  • Teatro de máscaras (1934).
  • O desengano do prioiro (1952).
  • O fidalgo e a noite (1970, publicado en 1979 nos Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Noite compostelá (1973).
  • Rosalía (1985, Galaxia, escrito en 1959).
Ensaio
Epistolario
Poesía
Obras colectivas
  • Ensaio sobor da paisaxe galega, en Paisaxe e cultura (ensaio, 1955, Galaxia).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio
  • Guia de Galicia (1926).
  • Guía de Santiago de Compostela (1943, Editorial Compostela).
  • Galicia: una cultura de Occidente (1975, Editorial Everest).
Narrativa
  • Las palmas del convento (1941).
  • Vida del Doctor Don Marcelo Macías y García (1943).
  • Adolescencia (1944).
  • La vocación de Adrián Silva (1949).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Foi Lugo, e segue sendo, na Galiza céltiga, o trunfo da xeometría.  

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso Girgado. Antoloxía do conto galego do século XX, pp. 53-64. Galaxia. Vigo. ISBN 978-84-8288-865-1.
  2. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón Otero Pedrayo

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Francisca Herrera Garrido
Día das Letras Galegas
1988
Ramón Otero Pedrayo
Sucesor:
Celso Emilio Ferreiro