Biblioteca de Autores Galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia.jpg

A Biblioteca de Autores Galegos é unha colección de 90 libriños correspondentes a 63 obras da literatura galega, case todas en lingua galega[a] e case todas de autores consagrados[b], publicada de 1991 a 1992 por Diario 16 de Galicia,[1] coa colaboración da Editorial Galaxia e o patrocinio de Caixavigo e a Caixa de Pontevedra. Segundo a Diciopedia do século 21 "foi unha experiencia anovadora para popularizar o libro en galego".[2]

A distribución da colección coincidiu no tempo con outra de formato moi semellante, a Biblioteca 114 de El Correo Gallego.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha edición non venal, encadernada en cartolina ilustrada, que foi distribuída conxunta e inseparablemente co xornal. A dirección estivo a cargo de Xosé Miguel Alonso Boó[3][4] e o debuxo da cuberta é obra de Gallego & Rey, que representa a Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ao redor dun enorme libro no que están a pintar con pintura azul a Bandeira de Galicia.[5] Curiosamente, a colección non inclúe ningunha obra de Cabanillas.

Títulos e autores da colección[editar | editar a fonte]

01 Sempre en Galiza I de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
02 Sempre en Galiza (II) de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
03 Os escuros soños de Clío de Carlos Casares
04 Follas novas I de Rosalía de Castro
05 Follas novas II de Rosalía de Castro
06 Tesouros novos e vellos de Álvaro Cunqueiro
07 Pan de Xosé Neira Vilas
08 A gaita galega I de Xoán Manuel Pintos
09 A gaita galega II de Xoán Manuel Pintos
10 Contos de santos e Nadal de Ramón Otero Pedrayo
11 Queixumes dos pinos I de Eduardo Pondal.
12 Queixumes dos pinos II de Eduardo Pondal.
13 Queixumes dos pinos III de Eduardo Pondal.
14 Queixumes dos pinos IV de Eduardo Pondal.
15 Morrer en Castrelo do Miño de Xosé Fernández Ferreiro
16 Poemas galegos I de Eduardo Blanco Amor
17 Poemas galegos II de Eduardo Blanco Amor
18 Cantares gallegos I de Rosalía de Castro
19 Cantares gallegos II de Rosalía de Castro
20 Aires da miña terra e outros poemas I de M. Curros Enríquez
21 Aires da miña terra e outros poemas II de M. Curros Enríquez
22 Aires da miña terra e outros poemas III de M. Curros Enríquez
23 Terra brava de Ánxel Fole
24 Quintana viva I de Xosé Filgueira Valverde
25 Quintana viva II de Xosé Filgueira Valverde
26 Os mortos daquel verán I de Carlos Casares
27 Os mortos daquel verán II de Carlos Casares
28 Memorias dunha terra I de Xosé María Castroviejo
29 Memorias dunha terra II de Xosé María Castroviejo
30 No corazón mancado de Xosé Vázquez Pintor
31 Voltar de Xavier Alcalá
32 A lingoaxe i as lingoas de Ramón Piñeiro
33 Estacións ao mar de Xohana Torres
34 O acomodador e outras narracións I de Marcial Suárez
35 O acomodador e outras narracións II de Marcial Suárez
36 O acomodador e outras narracións III de Marcial Suárez
37 Á lús do candil I de Ánxel Fole
38 Á lus do candil II de Ánxel Fole
39 Extramuros da noite de Román Raña
40 Territorios de Lino Braxe
41 De catro a catro I de Manuel Antonio
42 De catro a catro II de Manuel Antonio
43 Cantigas de Santa María do Rei don Alfonso
44 O mesón dos ermos de Ramón Otero Pedrayo
45 Narracións e outras prosas de Alfonso Daniel R. Castelao
46 O reverso do espello I de Xosé Ramón Pena
47 O reverso do espello II de Xosé Ramón Pena
48 Dous rapaces en apuros de Pilar Martínez Gómez
49 Antón e os inocentes I de Xosé Luís Méndez Ferrín
50 Antón e os inocentes II de Xosé Luís Méndez Ferrín
51 Proel de Luís Amado Carballo
52 Sombreiro de aba ancha de Ramiro Fonte
53 Prosa e contos de Luís Amado Carballo
54 Decálogo da lingua galega de Xesús Alonso Montero
55 Romarías e santuarios I de Antonio Fraguas Fraguas
56 Romarías e santuarios II de Antonio Fraguas Fraguas
57 Romarías e santuarios III de Antonio Fraguas Fraguas
58 O galo e poemas soltos de Luís Amado Carballo
59 Historia do rock and roll de Antón R. Reixa
60 Contos interruptos de Manuel Forcadela
61 Antoloxía poética de Darío Xohán Cabana
62 Catecismo d'a doutrina labrega de Valentín Lamas Carvajal
63 As trazas do demo de Manoel Riveiro Loureiro
64 As peregrinacións xacobeas I de F. Fernández del Riego
65 As peregrinacións xacobeas II de F. Fernández del Riego
66 O anano enredador de Xavier López Rodríguez
67 Escolma de poesía medieval I de X. M. Álvarez Blázquez
68 Escolma de poesía medieval II de X. M. Álvarez Blázquez
69 Escolma de poesía medieval III de X. M. Álvarez Blázquez
70 La magdalena de Proust I de Xavier Costa Clavell
71 La magdalena de Proust II de Xavier Costa Clavell
72 O Castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro
73 A lúa vai encoberta de Manuel María
74 Pé das Burgas I de Francisco Álvarez de Nóvoa
75 Pé das Burgas II de Francisco Álvarez de Nóvoa
76 Os contos do xílgaro de Xoán Babarro e outros [c]
77 Néveda de Francisca Herrera Garrido
78 Non debían medrar de Manuel Lueiro Rey
79 Antre dous séculos de Gerardo Álvarez Limeses
80 A lúa no probador de Fran Alonso
81 Cantares gallegos de Manuel Leiras Pulpeiro
82 Nos picoutos de Antoín de Leandro Carré Alvarellos
83 Los pazos de Ulloa I de Emilia Pardo Bazán
84 Los pazos de Ulloa II de Emilia Pardo Bazán
85 Antre a terra e o ceo I de Rafael Dieste
86 Antre a terra e o ceo II de Rafael Dieste
87 A cidade dos alemáns de Xosé Domínguez González
88 Historias como Barcelona de Margarita Ledo Andión
89 Que enterren o meu corazón en Loureses de M. Mandianes
90 Vida, obra e milagres de Xan da Coba de Alonso Montero e C. Casares

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En lingua castelá incluíu La magdalena de Proust de Costa Clavell e Los pazos de Ulloa de Pardo Bazán.
  2. Como obra e autor menos coñecidos pode mencionarse Dous rapaces en apuros de Pilar Martínez Gómez.
  3. Amais do conto en galego estandarizado de Babarro, inclúe seis contos escritos nas variedades do galego de Asturias, León e Zamora: Alpeirada de Xesús Álvarez Valdés; Condo iou era nena de María Luz Fernández González; El tesouro dos Bauer de Xosé Máximo Fernández López; Furaco mouro no ozono de Manuel García Sánchez «Galano»; A pomba de Lucas de Cándido Sanjurjo Fernández e El xardineiro, a princesa e el dragón de Francisco Xabier Frías Conde.
  1. Vilavedra 1997, p. 146.
  2. "Diario 16 de Galicia". Diciopedia do século 21 1. 2006. p. 698. 
  3. Boo, Miguel (14/2/2009). "O galego, a ‘biblia’ e os afiliados autistas". Soy periodista, me rindo. 
  4. "Alonso Boó, Xosé Miguel". Diciopedia do século 21 1. 2006. p. 105. 
  5. Imaxe da cuberta do número 73: A lúa vai encoberta de Manuel María.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Imaxes externas
Imaxe dos lombos da colección