Espasa-Calpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Espasa-Calpe foi unha editorial española que existiu durante boa parte do século XX.

Historia[editar | editar a fonte]

Naceu en 1925 da unión de dúas editoriais:[1] Calpe, fundada en 1918 por Nicolás María de Urgoiti,[2] e Espasa, fundada en 1860 por Pablo e José Espasa Anguera.[3]

A empresa xurdida da fusión, denominada Espasa-Calpe, quedou baixo o control da compañía Papelera Española,[4][5] e no seu momento constituíu unha das empresas editoriais máis importantes da época.[6] A nova editorial contou ademais cun ventaxoso contrato de subministración coa Papelera.[7] Ademais, Calpe comprometeuse a continuar a produción da famosa Enciclopedia «Espasa»,[1] e tamén a súa distribución. Espasa-Calpe abriu en Madrid unha importante librería, a Casa del Libro, situada en plena Gran Vía.[7] Continuou coa produción da agora denominada Enciclopedia Espasa-Calpe.[8] Ademais, ampliou as súas operacións cara a América do Sur, establecendo unha sede na capital arxentina, Buenos Aires.[9] Desde alí estendeu o seu mercado a outros países, como Chile, Uruguai, Perú, México ou Cuba.[9]

En 1984 a editorial instituíu o Premio Espasa-Calpe de Ensaio, de carácter anual, que segue entregándose hoxe en día.

Espasa-Calpe continuu existindo ata que en 1991 fue adquirida polo Grupo Planeta, que pagou por ela a cifra de 15.000 millóns de pesetas da época.[10] Desde enton pasou a formar parte do grupo Planeta,[11] aínda que mantendo a súa identidade como editorial «Espasa».

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Castellano, Philippe (2000). Enciclopedia Espasa: historia de una aventura editorial. Espasa. 
  • Caudet, Francisco (1993). Las cenizas del fénix: la cultura española en los años 30. Madrid: Ediciones de la Torre. ISBN 84-7960-051-9. 
  • Cosío Villegas, Daniel (2004) [1949]. Extremos de América. México: Fondo de Cultura Económica. 
  • Gracia García, Jordi; Ródenas de Moya, Domingo (2009). Más es más: sociedad y cultura en la España democrática, 1986-2008. Madrid: Iberoamericana. 
  • Moret, Xavier (2002). Tiempo de Editores: Historia de la Edición en España, 1939-1975. Destino. 
  • Pedraza Jiménez, Felipe B.; Rodríguez Cáceres, Milagros (1980). Manual de literatura española X. Novecentismo y vanguardia: Introducción, prosistas y dramaturgos. Cénlit. 
  • Sánchez Marroyo, Fernando (2003). La España del siglo XX: economía, demografía y sociedad. Madrid: Istmo. ISBN 84-7090-383-7. 
  • Sánchez Vigil, Juan Miguel (2005). Calpe: Paradigma editorial, 1918-1925. Trea. 
  • Suarez, Michael J.F.; Woudhuysen, H.R. (2014). The Book: A Global History. Oxford University Press. ISBN 978-0199679416. 
  • Tuñón de Lara, Manuel (2000) [1966]. La España del siglo XX. I. Madrid: Akal. ISBN 84-460-1105-0.