Alejandro Rodríguez Cadarso
Alejandro Rodríguez Cadarso | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alejandro Rodríguez Cadarso |
Nacemento | 21 de agosto de 1887 |
Lugar de nacemento | Noia |
Falecemento | 16 de decembro de 1933 |
Lugar de falecemento | Lubián |
Causa | accidente de tráfico |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político e médico |
Pai | Jesús María Rodríguez Vázquez |
Irmáns | José Rodríguez Cadarso |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alejandro Rodríguez Cadarso, nado en Noia o 21 de agosto de 1887 e finado en Lubián (Zamora) o 15 de decembro de 1933, foi un médico e político galego que chegou a ser reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Alejandro Rodríguez Cadarso naceu nunha familia burguesa. O seu pai era o doutor santiagués Jesús María Rodríguez Vázquez, e a súa nai era Manuela Cadarso Ronquete, que era ó mesmo tempo sobriña carnal do capitán noiés Luis Cadarso Rey, que finou na batalla de Cavite (Filipinas) na Guerra hispano-estadounidense en 1898. Casou en 1911 e tivo numerosa descendencia.

En 1916 obtivo a Cátedra de Técnica Anatómica da Universidade de Sevilla e a de Anatomía Descritiva na Universidade de Santiago[1]. En 1925 publicou un estudo sobre a arteria carótide no Journal of Anatomy[2]. Fundou o Instituto de Estudios Portugueses e foi vicerreitor da Universidade de Santiago desde o 4 de novembro de 1929 e reitor desde o 29 de marzo de 1930[3], deputado (1931-1933) pola ORGA, caracterizouse polo seu apoio á autonomía de Galicia. Como reitor pretendeu ligar a Universidade coa cultura galega e coa sociedade galega en xeral, favorecendo a súa modernización[4], e desenvolveu a Residencia de Estudantes (un dos colexios maiores leva o seu nome, o CM Rodríguez Cadarso) e o Campus Sur [5].
Morreu aos 46 anos, cando preparaba o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, nun accidente de automóbil preto da localidade zamorana de Lubián cando se dirixía a unha conferencia en Madrid, xunto co médico e profesor Francisco Bacariza Varela[6].
Predecesor: Luís Blanco Rivero |
![]() Reitor da Univ. de Santiago 1930 - 1933 |
Sucesor: Ricardo Montequi Díaz de Plaza |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Bugallo, Ánxela ([2012]) "Alejandro Rodríguez Cadarso. O impulsor da modernización científica e educativa da Universidade" CCG.
- ↑ "A Rare Case of Tortuosity of the Internal Carotid Artery", publicado no Jornal of Anatomy.
- ↑ Antón Capelán Rey, Contra a Casa da Troia, 1994, páx. 101
- ↑ Baldomero Cores Trasmonte, Ciencia e galeguidade na II República, 1989, páx. 205
- ↑ "Agrelo calificó a Rodríguez Cadarso de hombre conciliador y luchador" Arquivado 03/03/2016, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 8 de outubro de 2004.
- ↑ "O barranco da morte de Rodríguez Cadarso", artigo de Quique Alvarellos en La Voz de Galicia, 6 de maio de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Rodríguez Cadarso ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Reguera López, A. et al.. "Rodríguez Cadarso, Alejandro" en Gran Enciclopedia Galega.
- "Rodríguez Cadarso, Alejandro" en Diciopedia do século 21, t. 3, p. 1824.
- "Rodríguez Cadarso, Alexandre" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 53, p. 67.
- "Rodríguez Cadarso, Alexandre" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 3. p. 178.
- R. Bermejo, M. (2008): Rodríguez Cadarso. Un reitor para un país. Universidade de Santiago de Compostela.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Bugallo, Á. "O impulsor da modernización científica e educativa da Universidade" Álbum da Ciencia, CCG.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Médicos de Noia
- Reitores da Universidade de Santiago de Compostela
- Personalidades da política de Galicia
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Deputados nas Cortes da II República
- Nados en Noia
- Nados en 1887
- Finados en 1933
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Concelleiros de Santiago de Compostela
- Finados en accidente de tráfico