Novela histórica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A novela histórica é un xénero literario que reflicte máis ou menos fielmente o ambiente, os personaxes e os acontecementos dunha época histórica, mesturando a ficción cos acontecementos históricos. Aínda que con precedentes, naceu no século XIX en Alemaña, aínda que o escritor mais coñecido deste xénero sexa Walter Scott ao que grazas á súa fama estendeu este xénero por todo o mundo.

Precursores da novela histórica[editar | editar a fonte]

A primeira novela histórica é "Quéreas e Calírroe"[1], un relato romántico de aventuras escrito por Caritón de Afrodisias no século I D. de C. no que a acción transcorre no século V A. de C. na que os personaxes fictricios alternan con outros reais como o rei Artaxerxes I. No século III D. de C. Un descoñecido( o Pesudo Calístenes) escribiu unha "Vida de Alexandre" cincocentos anos despois da morte de Alexandre Magno que tería gran repercusión na Idade Media onde se lle coñeceu como o "libro de Alexandre"; da mesma época é a "Vida de Apolonio de Tiana" escrita por Filóstrato por encargo da emperatirz Xulia Domna. A finais da Idade Media o español Pedro de Corral escribe a "crónica sarracina" onde funde feitos históricos con ficcións. Mentres noutras artes, como no teatro, os dramaturgos aproveitaban fweitos histópricos para as súas ficcións, como William Shakespeare nos seus dramas "Xulio César".

Durante o Barroco, a francesa Madeleine de Scudéry publicou varias novelas sobre temas contemporáneos a ela pero en decorados históricos, nunha época onde se extendeu certo subxénero de novelas moralistas en lugares do pasado pero con centos de anacronismos. En 1699 François Salignac da Motte Fénelon publica furtivamente "Aventuras de Telémaco", viaxes e aventuras escritas cun propósito didáctico xa que o protagonista pasa por moitos países , esta obra tería moitos seguidores e escribíronse moitas novelas baseándose nel, como o "viaxe do mozo Anarcasis a Grecia" de Jean Jacques Barthélemy, de gran popularidade que contribuiu á fama da Grecia antiga entre os revolucionarios franceses. Na segunda metade do XVIIIpublicáronse sen moito éxito, as chamadas "novelas de anticuario", na que eruditos desplegaban seus coñecementos arqueolóxicos en torno a unha intriga mediocre.

Aas ficcións barrocas, influencidadas pola novela de Heliodoro, evocaban unha antigüidade puramente decorativa[2], Chauteaubriand encetaría un novo subexénero ao publicar "Os mártires do Cristianismo" en 1809.

Historia do xénero[editar | editar a fonte]

Actualmente considérase a Benedikte naubert como a nai da novela histórica[3], esta muller alemá pariu este novo xénero a base de crear tramas en base a feitos históricos con persoaxes secundarios de tales feitos pero moi ben ambientados tanto nos costumes como na análise psicolóxica. Walter Scott coñeceu a súa obra xa que era tradutor de alemán e publicaría novelas do mesmo xénero que o levarían á fama estendendo este xénero por todo o mundo[4].

A mediados do XIX o romanticismo foi perdendo adeptos entre as clases altas[5], que foron atraidas polo Realismo, mentres que o resto de clases sociais seguían a demandar esta clase de literatura ao tempo que xurdían os primeiros estudos folclóricos, o que deu material(persoaxes e tramas) a novela histórica nos seus respectivos países; porén algúns autore realistas usarono xénero como Flaubert e Dickens. A principios do XX o xénero foise abandoando ao mudar os gustos, trala Primeira Guerra Mundial víronse aínda mais criticadas aínda así o xénero continou, abandoouse o medievalismo polos subxéneros das novelas sobre Grecia e Roma, e como o mais exótico sobre o Exipto antigo, tendo especial relevancia aquelas nas que se daba o conflito entre paganismo e cristianismo[6].

Na segunda metade do século XX a novela histórica comezou a explorar outros mundos alleos ao mundo grecorromano e medieval, publicáronse novelas históricas sobre os vikingos, sobre Bizancio e mesmo sobre os pobos prerromanos na Penínsua Ibérica. Algunhas incluso trataron sobre feitos recentes, como a Guerra civil española de 1936 vista desde ambos bandos e cuxo subxénero chega até hoxe.

Novela histórica na literatura galega[editar | editar a fonte]

A finais do século XIX comezan a escribirse as primeiras novelas históricas en Galicia, destacando Antonio López Ferreiro, a principios do século XIX algúns versionan obras e temática da historia de Galicia como Ramón Otero Pedrayo, mesmo seguindo a estela de Valle-Inclán. Contra mediados do XX a novela histórica en Galicia mestúrase dando novos froitos dos que Darío Xohán Cabana é seu máximo expoñente.

As épocas preferidas da novela histórica galega son semellantes a do resto de Europa e de España, a grandes trazos tratan sobre a Idade Media e a Guerra civil española e súas consecuencias, cun pequeno porcentaxe sobre outras épocas, como a Idade Moderna(Xa vai o griffón no vento,Settecento) e Antiga(Ouveade naves de Tarsish!,O demo á orella.).

Exemplos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. garcía Gual, C. "La antigüedad novelada" ed Anagrama 1995
  2. Cavaliere, Mauro (2002): As coordenadas da viagem no tempo: uma contribuição para a teoria da ficção histórica baseada em alguns textos portugueses dos séculos XVI, XIX e XX. Tese de doutoramento. Stockholm: Stockholms Universitet, Institutionen för spanska, portugisiska och latinamerikastudier
  3. Frauke Reitemeier: Deutsch-englische Literaturbeziehungen: Der historische Roman Sir Walter Scotts und seine deutschen Vorläufer. Schöningh, Paderborn 2001
  4. Lukács, György, A novela histórica,Berlín 1955
  5. Álvarez Rodríguez, Román, Origen y evolución de la novela histórica inglesa, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 1983
  6. Karimi, Kian-Harald, "Die Historie als Vorratskammer der Kostüme. Der zeitgenössische spanische Roman und die Auseinandersetzung mit der Geschichte vor dem Bürgerkrieg", en: Iberoamericana, 1999, No. 3-4, pp. 5-37