Saltar ao contido

Southampton

Southampton
 Nome orixinal
    Southampton (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Southampton (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
253.651 (2011)
271.173 (2016) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   51,47 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postalSO Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap127864 Editar o valor en Wikidata
VIAF227690782 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0grd7 Editar o valor en Wikidata
NUTSUKJ32 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Twitter: SouthamptonCC Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Southampton é a maior cidade portuaria da costa sur da Inglaterra. É a cidade máis próxima a New Forest e está entre Portsmouth e Bournemouth. Era unha localidade pertencente a Hampshire que pasou á condición de cidade na reorganización do goberno local do 1 de abril de 1997. Isto fixo a Southampton unha unidade administrativa, que engloba algúns distritos como Eastleigh, Portswood, Bitterne, Woolston e Millbrook.

Foi unha das moitas cidades británicas severamente bombardeadas durante a segunda guerra mundial. Por esta razón, varios monumentos históricos foron destruídos, pero aínda existe a antiga muralla da cidade, así como tamén a porta de Bargate, a maior entrada á cidade antiga no extremo norte da muralla. Southampton ten a segunda muralla da Idade Media máis longa que aínda se conserva de Inglaterra. A porta de Bargate é habitualmente usada como símbolo da cidade, sendo a súa imaxe o logotipo do goberno municipal. A parte central da cidade ten moitos grandes parques.

Na cidade están as sedes da Universidade de Southampton, da Universidade Solent Southampton e do centro comercial West Quay. Tamén aquí se atopa a Axencia Nacional de Mapeamento. O xornal local é o Daily Echo.

Southampton está identificada coa historia e o desenvolvemento marítimos, sendo o seu porto lugar habitual de saída de moitos cruceiros, como sucedeu co Titanic. Tamén é un porto de carga moi importante a nivel nacional.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Le Havre Website - Twin Towns". Ovidio Limited. Consultado o 2008-11-29.
  2. 1 2 3 "Linked cities". Southampton City Council. 3 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2009. Consultado o 7 de xaneiro de 2009.
  3. ↑ "Kalisz - the oldest town in Poland!". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2010. Consultado o 7 de xaneiro de 2009.