Brais Pinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O grupo Brais Pinto fundado no ano 1958 en Madrid, foi un grupo de compromiso galeguista.

Integrantes[editar | editar a fonte]

Integrábano mozos con ideoloxía de esquerdas e/ou nacionalista, tales como Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Bautista Álvarez, Ramón Lorenzo, César Arias, Herminio Barreiro, Xosé Alexandre Cribeiro e Xosé Ramón Fernández-Oxea ("Ben-Cho-Shey").

Historia[editar | editar a fonte]

Fernández Ferreiro propuxo o nome Brais Pinto, apoiándoo na historia ficticia dun afiador do mesmo nome procedente de Nogueira de Ramuín e tería finado traxicamente en Madrid, cidade onde residían estes mozos. En 'homenaxe' ao imaxinario afiador, o símbolo con que se identificaba o grupo incluía unha roda de afiar.

Fundaron unha editora co mesmo nome e mediante a cal publicaron diferentes obras. A primeira delas foi Bocarribeira, o único poemario que Otero Pedrayo publicou en vida.

Varios dos integrantes de Brais Pinto evoluirían teoricamente cara ao marxismo e participarían na refundación da UPG en 1964.