Silvio Santiago
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1903 ![]() Vilardevós, España ![]() |
Morte | 12 de setembro de 1974 ![]() Vilardevós, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Jacinto Santiago ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Silvio Santiago García, nado en Vilardevós o 18 de outubro de 1903 e finado no mesmo concello o 12 de setembro de 1974, foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instalouse na Coruña como traballador do comercio. En 1933 aprobou os exames para secretarios xudiciais.[1] Participou na fundación do Partido Sindicalista na Coruña en 1934 e colaborou en Trabajo. Interveu na campaña do Referendo de autonomía de Galicia de 1936.[2] Ao chegar a guerra civil de 1936, no transcurso da cal foi asasinado o seu irmán Xacinto, pasou seis meses no cárcere. Despois fuxiu a Portugal (1937) e de alí marchou a Cuba e posteriormente a Venezuela, onde residiu unha gran parte da súa vida.
Traballou no periódico El Nacional,[3] creou o Centro Galego de Caracas e dirixiu a Casa Galicia, o Lar Gallego, un programa radiofónico (Hora de Galicia) e varias revistas, como por exemplo Galicia, na que tratou de mostrar o seu ideal de comuñón galaico-venezolano. Nesta revista comezou a carreira literaria en 1952. Foi un dos promotores do volume Homaxe da Galicia Universal, dedicado a Ramón Otero Pedrayo.
En 1958 regresou de Venezuela e pasou a residir en Vilaboa (Culleredo), con tempadas na súa vila natal. Cando xa estaba a piques de cumprir os sesenta anos, en 1961, revelouse como escritor coa publicación de Vilardevós, un libro que de seguida se converteu nun clásico da narrativa galega. Faleceu en Vilardevós o 12 de setembro de 1974.[4]

Obras
[editar | editar a fonte]- Vilardevós (1961, Galaxia, con prólogo de R. Otero Pedrayo). Publicada ao seu regreso a Galicia. Novela autobiográfica de mocidade.
- O silencio redimido (1976, Galaxia, publicada postumamente). Inspirada na peripecia vital do propio Silvio Santiago na guerra civil. Premio da Crítica de narrativa galega 1977.
- Noticia previa.
- Reencontro co lector postreiro.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Premio da Crítica 1977 por O silencio redimido.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Joaquina Julia Conde San Martín e foi pai de Silvia Santiago Conde.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Silvio Santiago García (1903-1974)". Concello de Vilardevós. 5 de decembro de 2012. Archived from the original on 06 de abril de 2016. Consultado o 07 de setembro de 2018.
- Vázquez Monxardín, A. (8 de xullo de 2012). "A memoria de Silvio Santiago". La Región.
- Galicia (Revista del Centro gallego) (Caracas, 1952-1954) realizada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP)
- "Silvio Santiago". Galegos.