Marcelino Agís Villaverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marcelino Agís Villaverde, nado en Raxó (Poio) o 17 de xuño de 1963, é un profesor e filósofo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986. Estudos de posgraduado en París e Chicago con Paul Ricoeur. Doutor en Filosofía pola USC (1992). Profesor visitante da Universidade de Perugia (1995), Universidade Presbiteriana Mackenzie (2005 e 2007). Profesor invitado nas Universidades Technische Universität de Berlín, Coímbra, Porto, Instituto Superior de Psicoloxía Aplicada de Lisboa, Universidade do Minho (Braga), Tenri (Xapón), São Paulo, Roma III, Istituto Italiano per gli Studi Filosofici (Nápoles), Kansas University (USA) e Universidade Popular Autónoma do Estado de Puebla (México). É profesor de Filosofía na Facultade de Filosofía da USC desde 1996, profesor titor da UNED e profesor colaborador do Instituto Teolóxico Compostelán (Universidade Pontificia de Salamanca). Foi vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente (2002-2006).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Mircea Eliade. Una filosofía de lo sagrado, 1995.
  • Del símbolo a la metáfora. Introducción a la filosofía hermenéutica de Paul Ricoeur, 1997.
  • Historias da Filosofía, 2001.
  • Crónica viva do pensamento galego, 2001.
  • Paul Ricoeur: a força da razâo compartida, 2009.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Camiñantes: un itinerario filosófico, 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]