María del Rosario Castells Vila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría del Rosario Castells Vila
Biografía
Nacemento1923 Editar o valor em Wikidata
Viana do Bolo, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 2012 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseRamón Otero Pedrayo e Carlos Alonso del Real Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoftalmóloga , xeógrafa , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María del Rosario Castells Vila, nada en Viana do Bolo en 1923[1] e finada en Santiago de Compostela o 25 de setembro de 2012, foi unha médica, doutora en filosofía e letras, profesora e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a infancia en Betanzos, onde comezou os estudos de Bacharelato, que rematou no IES Eusebio da Guarda da Coruña. Na Universidade de Santiago de Compostela estudou Filosofía e Letras, e doutorouse en 1961 coa tese La comarca natural de Viana del Bollo[2], dirixida por Carlos Alonso del Real e Ramón Otero Pedrayo. Esta foi unha das primeiras obras realizadas sobre xeografía comarcal galega, e a Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa subvencionou a publicación da tese en 1967.

Como catedrática de Xeografía e Historia foi docente no Instituto do Carballiño, no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense e no IES Salvador de Madariaga da Coruña. Nesa época estudou Medicina tamén na Universidade de Santiago, e tras licenciarse exerceu como médica no Hospital Municipal Labaca. Posteriormente especializouse en oftalmoloxía e exerceu nunha clínica privada de exames psicotécnicos.

Foi membro da Real Academia das Artes e das Letras, da Real Sociedade Xeográfica de Londres, da Real Academia Galega de Belas Artes e correspondente da Real Academia Galega.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1966 recibiu o Premio Fernández Latorre polo artigo “Galicia, tierra de contrastes”, publicado no ABC[4]. Unha rúa de Viana do Bolo leva o seu nome.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La comarca natural de Viana del Bollo (1967)
  • Vivencias de Galicia (Ideario) (1968)

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1945 con Ramón Arias de Castro Sánchez e tivo dous fillos, Ramón e María del Rosario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece la catedrática de Viana Charo Castells Vila", necrolóxica en La Región, 26 de setembro de 2012 (en castelán).
  2. "Con María del Rosario Castells Vila". El Pueblo Gallego. 18 de xuño de 1963. p. 8. 
  3. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 
  4. Premiados 1966 Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine., na web da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]