Nós, os inadaptados é un artigo ensaístico, de nove páxinas, do autor ourensán Vicente Risco, publicado no número 115 da revista Nós, o 25 de xullo de 1933 (pp.115–123). Nel mostrou a súa concepción cíclica e espiritual da historia.
No seu ensaio -bandeira da xeración Nós- Risco expón os problemas persoais e comúns da súa época. Cre firmemente nunha casta moral verdadeira, pero non casta social, senón casta espiritual:
“
E andivemos pelengrinando pol-as cosmogonías e pol-as culturas en demanda do insólito. Interrogamol-os misterios dos Egipcios en Samblico, en Plutarco, nos hierogliphos, en libros modernos como do egiptologo alemán Adolfo Erman en col da magia egipcia. Buscámosll'as voltas ao Budhismo; solagamos na teosofía, procuramos revelaciós no Popol Vuh de Guatemala, no Libro da Geración d' Adán dos Nabatheus, no Kalevala de Finlandia, en Eliphas Levi e mais en De Mirville. Eu mesmo metinme a estudal-as religiós da India, as seis Darshanas ortodoxas, os sistemas disidentes de Siddhartha e de Mahavisa, as filosofías malditas dos Lokayata, dos Saktistas e dos Thougs; cheguei a deprendel-as declinaciós e conjugaciós sanskritas, a ler decorrido o alfabeto devanagari.[1]