Raúl Soutelo Vázquez
Raúl Soutelo Vázquez | |
---|---|
Nacemento | 1968 |
Lugar de nacemento | Amoeiro |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Raúl Soutelo Vázquez, nado en Amoeiro en 1968, é un profesor e historiador galego. Dá clase No IES Porto do Son.
Traxectoria
Doutor en Historia pola Universidade de Vigo, profesor de ensino secundario e de didáctica das ciencias sociais na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en historia social contemporánea. Gañou os premios Manuel Murguía de Ensaio Histórico da Deputación da Coruña coa monografía titulada As cartas do destino. Unha familia galega entre dous mundos, 1919-1971 (en coautoría co profesor Núñez Seixas) en 2004, a oitava edición do Premio Xesús Ferro Couselo de Investigación Local con Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural: unha microanálise dende Valga, 1890-1950 (2007, Concello de Valga) e o IX Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo co ensaio titulado Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural (Concello de Valga, 2005).
Obras
- Os intelectuais do agrarismo, Universidade de Vigo, 1999.
- De América para a casa, Consello da Cultura Galega, 2001.
- As cartas do destino, 2005 (con Xosé Manoel Núñez Seixas).
- As migracións nas sociedades contemporáneas: os desafíos na Galicia actual, coord., Edicións Sotelo Blanco.
- Emprendedores rexos en tempos duros. A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX, Deputación de Ourense, 2016, en coautoría con María Xosé Vázquez Lojo.
- Emigración negocios e política na Galicia rural: Coles, 1887-1940, Deputación Provincial de Ourense, 2014.
- O Anxo de Monteasnal. Investigación e didáctica da represión franquista partindo da memoria oral dun home bravo que non se deixou cazar. Ir Indo, 2019.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Galaxia Arquivado 02 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.
- Ficha de membros do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)