Afonso Vázquez-Monxardín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Afonso Vázquez-Monxardín
Afonso Vázquez-Monxardín.jpg
Nacemento12 de abril de 1960
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónprofesor e historiador
editar datos en Wikidata ]

Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, nado en Ourense o 12 de abril de 1960[1], é un arqueólogo e catedrático de lingua e literatura galegas, historiador, investigador, profesor e escritor galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Xeografía e Historia, nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía, Xeografía e Historia de Galicia e Arquivística e Biblioteconomía pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi o arqueólogo de numerosas escavacións en Galicia, Portugal e Italia e en 1983 pasou, como tantos outros da súa xeración, á docencia de lingua e literatura galega.

É catedrático de ensino medio desde 1996. Foi profesor visitante da súa materia en centros galegos e universidades de América (Centro Galego, Centro Galicia e Universidade de Belgrano, en Buenos Aires; Universidade Federal da Bahía, en Brasil; e Lar Gallego de Chile). Foi o impulsor do proxecto Arquivo Sonoro de Galicia no seo do Consello da Cultura Galega e estivo durante trece anos no equipo directivo do IES As Lagoas de Ourense.

Foi colaborador de O Correo Galego, Galicia Hoxe e escribe dous artigos semanais en La Región.

En outubro de 2018 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega[3].

Obras[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Ourense de Contos para a Mocidade, 1987.[8]
  • Premio Aurelio Carracedo de xornalismo da Deputación de Ourense, 2009.[9]
  • Premio de Xornalismo Literario "Carlos Casares", Concello de Xinzo, 2017

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]