Saltar ao contido

Logos (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logos
Cabeceira da publicación
PaísEspaña
LugarPontevedra
Lingualingua galega
Na rede
Galiciana: 7722
editar datos en Wikidata ]

Logos, subtitulada Boletín católico mensual, foi unha revista mensual editada en Pontevedra de 1931 a 1936.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Creada por Antón Iglesias Vilarelle e Xesús Ferro Couselo, foi unha revista innovadora na prensa católica polo uso do idioma galego e a disparidade de criterios dos seus colaboradores. Xunto aos temas teolóxicos, trataba aspectos históricos e literarios, e a súa liña política está marcada por un certo aperturismo cara aos problemas sociais do momento.

Saíron un total de 49 números, xa que a edición se suspendeu entre agosto e decembro de 1934; en 1935 só se editaron catro números, asumindo un ritmo trimestral, e en 1936 empeza editándose a ritmo bimensual, pero só saen dous números, o 48 de xaneiro-febreiro, e o 49 de marzo-abril.

Na revista colaboraron os sacerdotes Paulino Pedret, Avelino Gómez Ledo, Ramón María Aller, Fernando Quiroga Palacios; os frades Mercedarios de Poio: Guillermo Vázquez, Gumersindo Placer, P. Miguélez, Emilio Silva, Santiago Crespo e Xosé Vallejo; os Franciscanos de Santiago Atanasio López Fernández, P. Aldegunde e Lino Gómez Canedo; e os monxes de Samos Maximino Arias e Victoriano González. A imaxe do profeta Daniel que aparecía na portada foi debuxada por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Despois da guerra, Iglesias Vilarelle e Xosé Luís Fontenla Méndez intentaron volver publicar a revista, pero as autoridades franquistas esixíronlles unha declaración de adhesión ao Movemento e decidiron non continuar co proxecto.

En 1983 Sotelo Blanco Edicións editou a colección completa en edición facsímile, cun limiar de Xosé Filgueira Valverde.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]