Saltar ao contido

Mártir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mártir
Imaxe
 Instancia de
 Representado por
Martire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Causa
Cronoloxía
martirio Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0c_fp Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779403001 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
O martirio de santo André por Murillo, s. XVII. Museo del Prado.

Denomínase mártir (do grego antigo: μάρτυρας, «testemuña») á persoa morta na defensa dalgunha causa, co que dá «testemuño» da súa fe nela.

No cristianismo

[editar | editar a fonte]

No mundo occidental de tradición cristiá, a palabra ten historicamente connotacións relixiosas, pois se considerou que un mártir era unha persoa que morría pola súa fe relixiosa, e en moitos casos era torturada ata a morte.

Os mártires cristiáns dos tres primeiros séculos despois de Cristo eran asasinados polas súas conviccións relixiosas (ás veces eran crucificados como Cristo) do mesmo xeito que os prisioneiros políticos romanos ou guindados aos leóns nun espectáculo circense.[Cómpre referencia] Con todo, algúns historiadores da Igrexa, por exemplo John Fletcher e Alfonso Ropero afirman que houbo máis mártires cristiáns no século XX que no conxunto dos dezanove séculos anteriores.[1]

En moitas ocasións levántanse edificacións relixiosas posteriores alí onde se produciu un martirio cristián.

  1. John Fletcher, Alfonso Ropero, "Historia General del Cristianismo", ISBN 978-84-8267-519-0, sección "La Iglesia Contemporánea", cap 16: "El siglo de los mártires"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]