Homaxe da Galicia Universal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Homaxe da Galicia Universal
Título orixinalRamon Otero Pedrayo:
A súa vida e a súa obra.
Homaxe da Galicia Universal
Autor/aVV.AA.
Ilustrador/aLuís Seoane, Carlos Maside García, Xohán Ledo e Xaime Isla Couto
CubertaLuís Seoane
OrixeGalicia
LinguaLingua galega
Data de pub.1958
editar datos en Wikidata ]

Ramon Otero Pedrayo: A súa vida e a súa obra. Homaxe da Galicia Universal é unha obra literaria de diversos autores e autoras, escrita en homenaxe a Ramón Otero Pedrayo e publicada en 1958.

Edición[editar | editar a fonte]

A obra foi editada en Caracas por Silvio Santiago, Ramiro Isla Couto e Carlos Herrero Alonso. En 1954 o Centro Galego de Caracas ía convidar a Otero Pedrayo, mais non puido asistir. Pensouse entón en dedicarlle un número de Galicia, a revista editada polo centro. Logo de poder ir a Venezuela en marzo de 1956, saíu adiante a idea de darlle forma ao libro. Moitos dos textos incluídos están datados en 1955.

Contidos[editar | editar a fonte]

A introdución inclúe un poema de Ramón Cabanillas, un saúdo de Ramón Menéndez Pidal (por entón, presidente da Real Academia Española), e dous textos de Virxinia Pereira Renda e Manuel Gómez Román. Despois hai unha recensión biográfica escrita por Francisco Fernández del Riego (co pseudónimo de Salvador Lorenzana), unha descrición de Florentino López Cuevillas, e textos de Domingo García-Sabell, Antón Fraguas, Nina Epton (en castelán), Leandro Pita Romero, Victoriano García Martí, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Antón Iglesias Vilarelle, Alexandro Raimúndez, Xosé Ramón Fernández-Oxea e Paulino Pedret.

Logo dunha entrevista que lle fai Fernández del Riego (co pseudónimo de Cosme Barreiros), seguen textos de Eduardo Blanco Amor (en castelán), Lois Tobío, Francisco Elías de Tejada (en castelán), Cunha Leão (en portugués), Antonio Bonet Correa (en castelán), Fidelino de Figueiredo (en portugués), Manuel María, Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, José Luis Cano (en castelán), Ricardo Carballo Calero, Ánxel Fole, Leuter González Salgado, Manuel Puente e Magín Vázquez Rodríguez.

Proseguen Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Camilo José Cela (en castelán), Sebastián Martínez-Risco, Domingo Quiroga (en castelán), Isidoro Millán González-Pardo (en castelán), Cesáreo Saco, Xoán Rof Carballo, Ramón Baltar Domínguez, Emilio Álvarez Blázquez, Rodolfo Prada, Vicente Risco, Augusto Casas (en castelán), Xosé Luís Méndez Ferrín, Benito Varela Jácome, Carlos Martínez-Barbeito (en castelán), Xaime Isla Couto, María Luz Morales (en castelán), Amando Losada, Xosé Luís López Cid, Carmen Castro Madinaveitia (en castelán), Ánxel Johán, Silvio Santiago, Manuel Rabanal Álvarez (en castelán), Xosé Luís Allué Andrade, Xosé María Castroviejo (en castelán), Xesús Carro, Antonio Lorenzo, Manuel Torres, Ramón de Valenzuela e Ramón Lorenzo.

Logo hai unha peza teatral en verso de Aquilino Iglesia Alvariño sobre Adrián Silva, e poemas de Emilio Pita, Gonzalo López Abente, Arturo Capdevila (en castelán), Victoriano Taibo, Fermín Bouza-Brey, Ánxel Sevillano, Xosé María Álvarez Blázquez, Luís Pimentel, Florencio Delgado Gurriarán, Ramón González-Alegre, Ángel Blanco Losada, Antón Tovar, Pura Vázquez, Xohana Torres, Víctor Luis Molinari, Uxío Novoneyra e Manuel Fabeiro.

O volume remata cunha listaxe das obras publicadas por Otero Pedrayo e unha escolma de textos seus de diferentes materias.

A portada está deseñada por Luís Seoane, e ten ilustracións de Carlos Maside, Xohán Ledo e Xaime Isla Couto. O libro inclúe numerosas fotos de diferentes épocas, algunhas delas tomadas en Caracas e outras pouco antes da edición do libro, como unha tomada no mosteiro de Celanova o 16 de setembro de 1957 nunha homenaxe a Curros Enríquez. Hai tamén imaxes de Trasalba.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]