Saltar ao contido

Craig Patterson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCraig Patterson

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Gloucester Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Birmingham
Universidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor, catedrático, activista lingüístico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
Universidade de Cardiff
Universidade de Birmingham
Universidade de Stirling Editar o valor en Wikidata
Membro de

Bitraga: 2434 BUSC: 981013403327407712 Dialnet: 1417688

Craig Patterson, nado en Gloucester o 7 de setembro de 1973 é un tradutor e investigador angloirlandés, especializado na cultura galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Estudos Hispánicos na Universidade de Birmingham en 1996, e doutor en 2002 pola Universidade de Oxford coa tese Galician Cultural Identity in the Works of Ramón Otero Pedrayo. Foi profesor nas universidades británicas de Oxford, Birmingham, Stirling e Cardiff, así como presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos entre 2009 e 2012. É membro correspondente da Real Academia Galega.

Ten colaborado en diversos medios (Vieiros, Praza Pública, Luzes, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial e A Trabe de Ouro), residindo na Coruña. Centrou a súa investigación en estudos galegos, deténdose especialmente na época da Xeración Nós e nas figuras de Ramón Otero Pedrayo e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Exerce como profesor e tradutor.

Obra publicada

[editar | editar a fonte]
  • Galician Cultural Identity in the Works of Ramón Otero Pedrayo, 2006, Mellen.[1]

Traducións

[editar | editar a fonte]

Traducións colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Things (Cousas), de Castelao, 2001, Planet.
  • Premio English PEN Translates Award por Home is Like a Different Time en 2019.
  • Premio Ostana (Scritture in lingua madre) polo seu traballo de tradución da literatura galega ao inglés, en 2019.
  1. ↑ Tradución ao galego de Xabier Cid co título O devalar da idea Arquivado 13 de outubro de 2018 en Wayback Machine., 2008, Colección Fundación Otero Pedrayo, Editorial Galaxia.
  2. ↑ Ficha de Forever in Galicia na páxina web da editorial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Vídeos externos
"Galicia letra a letra"

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]