Saltar ao contido

Rosario, Santa Fe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosario, Santa Fe
 Xentilicio
Rosarino (en)  
rosarini (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Rosario Editar o valor en Wikidata
Pablo Javkin (pt) Traducir (2019 - )
Mónica Fein (2011 - 2019) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
Datas
 Fundación / creación
5 de agosto de 1852 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Xeografía
 Bañado por
 Comparte fronteira con
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.193.605 (2010) censo
1.037.710 (2022) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   179 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   31 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postalS2000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap3368048 Editar o valor en Wikidata
VIAF143217429 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02tb17 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Rosario é unha cidade da Arxentina e un porto, cabeza do departamento que leva o mesmo nome e a cidade máis grande da provincia de Santa Fe. Con 1.000.000 de habitantes no 2005 é a terceira cidade da Arxentina, despois de Buenos Aires e Córdoba. Constitúe un importante centro cultural, económico, educativo, financeiro e de entretemento e forma parte do chamado Triángulo agrario, xunto coas localidades de Pergamino e Venado Tuerto.

Atópase na marxe occidental do río Paraná, parte da hidrovía Paraná-Paraguai, sobre o que está encravado un porto de 140 hectáreas que manexa tanto cargas xerais como a granel.[1] Xunto a varias localidades da zona conforma a Área Metropolitana Rosario (con 1 690 816 habitantes, segundo o censo de 2010), que excede e inclúe o Gran Rosario (o terceiro conglomerado urbano do país con 1 236 089 persoas)[2] e o departamento Rosario. No ano 2010, proxectouse unha poboación para o departamento Rosario (composto pola cidade de Rosario e outros 23 concellos máis) de 1 199 364 persoas, segundo datos achegados polo INDEC (Instituto Nacional de Estadística y Censos).[2] Segundo a mesma proxección, o concello de Rosario contaba con 948 312 habitantes.[2][3]

Rosario é coñecida como o berce da bandeira arxentina, e o seu edificio máis coñecido é o Monumento á Bandeira. Na cidade naceron moitos deportistas consagrados internacionalmente tales como Lionel Messi, César Luis Menotti, Luciana Aymar, Maximiliano Rodríguez, Edgardo Bauza, Gerardo Martino, Angel Di María, Marcelo Bielsa e Mauro Icardi, entre outros. Tamén salientan personalidades como Che Guevara, Alberto Olmedo, Roberto Fontanarrosa, Libertad Lamarque, Fito Páez, Antonio Berni, Valeria Mazza, entre outros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]