Augusto Pérez Alberti
Augusto Pérez Alberti | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1947 |
Lugar de nacemento | Tortosa |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xeógrafo |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Augusto Pérez Alberti, nado en Tortosa o 18 de novembro de 1947, é un xeógrafo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de galegos, é catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Investiga sobre a xeomorfoloxía glacial e periglacial, a xeomorfoloxía costeira, a climatoloxía, a paleoclimatoloxía e a cartografía dixital. É membro da Asociación de Geógrafos Españoles e da Sociedad Española de Geomorfología, e foi fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega de Xeografía. Foi premio Trasalba en 2002.
Obras[editar | editar a fonte]
Selección:
- Testimonios de climas semiáridos en el Cuaternario gallego, 1979.
- Xeografía de Galicia (director). Edicións Sálvora, 1982. ISBN 84-85779-12-6.[1]
- Nuevas observaciones sobre el glaciarismo y periglaciarismo del NO de la Península Ibérica: La Galicia Suroriental, 1982.
- A xeografía, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1986.
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X..
- Atlas climático de Galicia, 1999 (coord.)
- Teceláns. Viaxes (2002)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Portada de: Xeografía de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 05 de abril de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Pérez Alberti, Augusto". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pérez Alberti, Augusto (2005). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 436. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 325. ISBN 84-7492-465-0.
Ligazóns externa[editar | editar a fonte]
- Galicia Letra a Letra 2012, Televisión de Galicia, en YouTube.