Saltar ao contido

Casa museo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa museo
Imaxe
 Instancia de
Códigos e identificadores
Freebase/m/02pn3n6 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Casa Museo Rosalía de Castro.

Unha casa museo é un museo adicado á vida e obra dunha personalidade, situado na casa onde naceu, morreu ou pasou parte da súa vida.

Características

[editar | editar a fonte]

As casas museo teñen o interese de amosar as obras e obxectos utilizados por unha persoa no contorno en que se desenvolveu a súa existencia. Adoitan conservar parte do mobiliario e obxectos decorativos da época do personaxe, que recrean as condicións de vida e os costumes do momento. Amais, expóñense obxectos persoais como correspondencia, pezas de vestir, debuxos ou a biblioteca persoal, así como obxectos reunidos pola persoa como parte da súa colección privada.

A creación dunha casa museo pode deberse ben á doazón do edificio por parte dos seus descendentes, ou ben pola compra por parte dunha institución pública para convertela en espazo de exposición, recordo e homenaxe. En ocasións lévanse a cabo obras de remodelación para transformar a vivenda en museo, con reconstrucións para recrear o aspecto que tivo nunha época determinada.

Casas museo en Galicia

[editar | editar a fonte]
Casa museo de Picasso na Coruña.
Casa museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo.
PersoeiroCasa museoLugar
Emilia Pardo BazánCasa Museo de Emilia Pardo BazánA Coruña
Casares QuirogaCasa Museo Casares QuirogaA Coruña
María PitaCasa Museo de María PitaA Coruña
Pablo PicassoCasa Museo PicassoA Coruña
Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de CastroA Matanza (Iria Flavia, Padrón)
Ramón Otero PedrayoCasa Museo de Otero Pedrayo (d)Trasalba (Amoeiro)
Víctor CorralCasa Museo de Víctor Corral (d)Baamonde (Begonte)
Manuel AntonioCasa Museo de Manuel AntonioRianxo
Wenceslao Fernández FlórezVilla FlorentinaCecebre (Cambre)
Vicente RiscoCasa Museo de Vicente Risco (d)Allariz
Cristovo ColónCasa Museo de Colón[1]Portosanto (San Salvador de Poio, Poio)
Manuel MaríaCasa Museo de Manuel María (d)Outeiro de Rei
Valle-InclánCasa Museo de Valle-InclánVilanova de Arousa
Uxío NovoneyraCasa Museo de Uxío NovoneyraParada (Seoane do Courel, Folgoso do Courel)
Eduardo PondalCasa Museo de Eduardo PondalPonteceso
Camilo José CelaCasa Museo de Camilo José Cela (d)Iria Flavia (Padrón)
Ramón María AllerCasa Museo de Ramón AllerLalín
Álvaro CunqueiroCasa Museo de Álvaro Cunqueiro[2] (d)Mondoñedo
Ramón CaamañoCasa Museo Ramón Caamaño[3]Muxía
Julio Camba e Francisco CambaCasa Museo Irmáns Camba[4]Vilanova de Arousa
Diego de GiráldezCasa Museo Diego Giráldez[5]A Cañiza
Ramón CabanillasCasa Museo Ramón Cabanillas[6]Cambados
María Antonia DansCasa Museo María Antonia Dans[7]Curtis