Editorial Compostela
A Editorial Compostela, fundada en 1938 en Santiago de Compostela por Juan Sáenz-Díez García, é a editorial do xornal El Correo Gallego, pertencentes ámbalas dúas empresas ao Grupo Correo Gallego.[1]
Descrición[editar | editar a fonte]
Foi propietaria dos desaparecidos El Compostelano e La Noche. Dedícase á publicación, impresión, edición e/ou venda de periódicos, libros, boletíns como o Diario Oficial de Galicia, revistas e produtos audiovisuais, como a serie de televisión Pratos Combinados.
Obras publicadas[editar | editar a fonte]

A Biblioteca 114 é un dos produtos da Editorial Compostela.
Entre outras, sacou do prelo as seguintes:
- A Biblioteca 114 (1991-1992).
- Mil catrocentos dez nomes galegos de home e de muller (1993), en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística.[2]
- Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (2002).[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Editorial Compostela na páxina da Asociación Galega de Editores". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013.
- ↑ "Imaxe da portada de: Mil catrocentos dez...". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2016.
- ↑ Imaxe da portada de: Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Compostela SA, Editorial" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- "Compostela S A, Editorial" en Enciclopedia Galega Universal, t. 6, p. 77.
- "Compostela S A, Editorial" en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 17, p. 60.