Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos
Aparencia
Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.
Personalidades da música
[editar | editar a fonte]- Ana Kiro, nome artístico de María Dolores Casanova González, cantante.
- Andrés do Barro, nome artístico de Andrés Lapique Dobarro, cantante.
- A Bela Otero, nome artístico de Agustina Otero Iglesias, bailarina.
- Benedicto, nome artístico de Benedicto García Villar, cantante[1].
- Chané, pseudónimo de José Castro González, músico.
- Catiúsca, alcume de Eva Wojkiewicz, escritora e música.
- O gaiteiro de Soutelo, sobrenome de Avelino Cachafeiro, gaiteiro
- O gaiteiro de Lérez, sobrenome de Perfecto Feijoo, gaiteiro e musicólogo.
- Jei Noguerol, nome artístico de José Antonio González Noguerol, cantante e compositor.
- Manolo Rin-Rin, alcume de Manuel Vázquez, músico e compoñente de Muxicas.
- Maret, nome artístico de Mari Laura González, cantante e presentadora de televisión.
- María Manuela, alcume artístico da cantante e pintora María Manuela Díaz Orjales.
- Matilde "la Galleguita", nome artístico da cantante Matilde Jiménez.
- Mini, nome artístico de Xosé Luís Rivas Cruz, escritor e membro de Fuxan os Ventos.
- Mero, nome artístico de Baldomero Iglesias Dobarrio, escritor e membro de Fuxan os Ventos.
- Mordente, pseudónimo de Indalecio Varela Lenzano, musicólogo.
- Moxenas, nome artístico de Nazario González Iglesias, gaiteiro.
- Pepito Arriola, nome artístico de José Rodríguez Arriola, músico.
- Pilocha, nome artístico de Pilar Martínez Conde, cantante.
- Pucho Boedo, nome artístico de Xosé Boedo, cantante
- Tonhito de Poi, pseudónimo de Antonio Ageitos Ares, cantante.
- Víctor Coyote ou Víctor Abundancia, nome artístico de Víctor Aparicio, músico, escritor, debuxante e pintor.
Personalidades das artes escénicas
[editar | editar a fonte]Personalidades do cine
[editar | editar a fonte]- Antonio Román, nome artístico de Antonio Fernández-Román y García de Quevedo, cineasta.
- Fernando Rey, nome artístico de Fernando Casado D’Arambillet, actor.
- Manuel Manquiña, nome artístico de Manuel Prieto Comesaña.
- 8 y cuarto, pseudónimo de Alfredo García Pinal, realizador cinematográfico e crítico de cine.
Personalidades do teatro
[editar | editar a fonte]- Barriga Verde, nome artístico de José Silvent, monicrequeiro.
- Catuxa, La Viuda ou La Mellada, nome artístico de Catalina Sánchez (s. XVIII), actriz.
- Farruco, hipocorístico e sobrenome de Francisco de Castro Gutiérrez (s. XVII-XVIII), actor e autor teatral.
- Farruco, hipocorístico e sobrenome de Xosé Luís Bernal, actor e presentador de televisión.
- Julia Brens, Roberto Vidal Bolaño.
- Kukas, nome artístico de Marcelino de Santiago Viqueira, artista polifacético.
- Maruxa Villanueva e Marujita Villanueva, nomes artísticos de María Isaura Vázquez Blanco, actriz teatral na Arxentina.
- Maximino Keyzán, nome artístico de Maximino Fernández Queizán, actor, autor e director teatral.
- Miguel de Lira, nome artístico de Miguel Domingo García Martínez, actor.
- Moncho Borrajo, nome artístico de Ramón Borrajo Domarco, humorista.
- Morris, nome artístico de Antonio Durán, Morris.
- Paco Campos, nome artístico de Francisco Rodríguez Campos, actor e cantante.
- Paco Mivida, nome artístico de Francisco Álvarez García, actor.
- O Pato, nome artístico de Enrique Gómez Pato, humorista.
- Pico, pseudónimo de Xosé Manuel Olveira, actor.
- Quico Cadaval, nome artístico de Francisco Cadaval Ayaso, actor, autor e director teatral.
- Tacholas, nome artístico de Fernando Iglesias Sánchez, actor.
- O tío Xanete, nome artístico de Daniel González González, contador e actor.
- Tuto Vázquez, nome artístico de Xosé Manuel Vázquez Martínez, actor e director de dobraxe.
- Vicente Montoto, nome artístico de Vicente González Montoto, actor e dramaturgo.
- Xan das Bolas, nome artístico de Tomás Ares Penas, actor
- Xan das Canicas, nome artístico de Francisco Calvo Guerra, humorista
- O Xestal, nome artístico de Carlos Díaz Gestal, humorista e cantante.
Personalidades da televisión
[editar | editar a fonte]- Cañita Brava, nome artístico de Modesto Fernández González, actor.
Outros
[editar | editar a fonte]- Celita, nome artístico de Alfonso Cela Vieito, toureiro.
- O mago Antón, nome artístico de Antón López Rivas, mago.
- Pepe Garalva, pseudónimo de José García Vázquez, promotor de misses e artista.
Artistas plásticos
[editar | editar a fonte]Pintores
[editar | editar a fonte]- Abelenda, nome artístico de Alfonso Pedro Abelenda Escudero, pintor e humorista gráfico.
- Agustín de Robres, nome artístico de Agustín Díaz Robres y Quiroga, pintor.
- Almuíña, nome artístico de Francisco Fernández Almuíña, pintor.
- Ana Pasarín, nome artístico de Ana Matilde Martínez Pasarín, pintora e gravadora.
- Andrés Colombo, nome artístico de Andrés García de la Riva Colombo, debuxante e pintor.
- Ánxel, nome artístico de Ángel Gómez Montero, artista plástico.
- Anxel Xohán, nome artístico de Ángel Juan González López, debuxante e pintor.
- Armando Guerra, nome artístico de Armando López Guerra, pintor e gravador.
- Baley, nome artístico hipocorístico de Isabel Pérez Sánchez, pintora.
- Boente, nome artístico de José Luis Carro García-Boente, pintor e galerista.
- Caíno, nome artístico de Claudio Vasconcellos Cabral.
- Carlos Maño, nome artístico de Carlos García Ramírez, pintor.
- Coco Argüelles, nome artístico de Consolación Fernández-Argüelles y Lobato, pintora.
- Conrado Alén, un dos pseudónimos de Luís Seoane, pintor. Tamén chamado Maximino Brocos.
- Emeneira, nome artístico de Monserrat Neira Borrajo, pintora.
- Din Matamoro, nome artístico de Eduardo Matamoro Irago, pintor.
- Eiravella, nome artístico de Juan Otero García, pintor.
- Ferreira, nome artístico de Francisco Javier Fernández Ferreira, artista plástico.
- Fouces, nome artístico de Alfonso Rodríguez Fouces, pintor (GEG)
- Francisco Miguel, nome artístico de Francisco Miguel Fernández Moratinos.
- Gancedo, nome artístico de Francisco López Pacho, pintor.
- Jano, nome artístico de Alejandro Viñuela Agra.
- Juan Luis, nome artístico de Juan Luis López García, pintor.
- Laxeiro, nome artístico de Xosé Otero Abeledo, pintor.
- Leopoldo Varela, pseudónimo de Leopoldo Fernández Varela, pintor.
- Longalai, nome artístico de Xoán Xosé González López, pintor.
- Lugi, pseudónimo e hipocorístico de José María Lugilde Pena, pintor.
- Luís Trabazo, nome artístico de Luís Vázquez Trabazo, pintor e crítico artístico.
- Marichu Mateo, nome artístico de María del Villar Mateo Arenaza.
- Maruja Mallo, nome artístico de Ana Mª González Mallo, pintora.
- Mercedes Bará, nome artístico de Mercedes González Bará.
- Mon Vasco, sobrenome de Ramón Ezequiel Vasco Pardavila.
- Nena Venturi, nome artístico de Mª Teresa Ventura, deseñadora e pintora.
- Nitodavila, nome artístico de Laureano da Vila Eirín, pintor.
- Ollarnovo, pseudónimo de Isaac Díaz Pardo, pintor, escritor e empresario, que tamén usou O cego Zago, Fernández S. Ollarnovo, Santiago Fernández e Xalo.
- Ovidio Murguía, nome artístico de Ovidio Martínez de Castro, pintor.
- Patere, nome artístico de Teresa de Vega, pintora.
- Patiño o Vello, nome artístico de Antón Patiño Regueira.
- Rodim, nome artístico de Manuel Rodríguez Díaz, pintor.
- Rossy, nome artístico de Rosa Gómez Bugallo, pintora.
- San Luis, nome artístico de Luis Jacobo Álvarez Rodríguez, pintor.
- Suso Montero, nome artístico de Xesús Vázquez Montero, pintor.
- Ulysses Fingal, un dos pseudónimos de Urbano Lugrís.
- Vilaseco, nome artístico de José Luis Vázquez Vázquez, pintor.
- Vilafíns, nome artístico de Juan Martínez Míguez, pintor.
- Villafínez, nome artístico de Lino José Martínez Villafínez, pintor.
- Xan Pardiñas, nome artístico de Juan García Pardiñas, pintor.
- Xan Vieito, nome artístico de Juan Manuel Vieito Fuentes.
- Xavier Ríos, nome artístico de Xavier Fernández Ríos, artista plástico.
- Xesús Corredoira, nome artístico de Xesús Rodríguez Corredoira de Castro, pintor.
- Xoti de Luis, nome artístico de Juan Manuel de Luis Alemany, pintor.
- Yoya, nome artístico hipocorístico de Aurora Argibay de Ruibal, pintora naif.
- Virxilio, nome artístico de Virxilio Fernández Cañedo, pintor.
Escultores
[editar | editar a fonte]- Acisclo Manzano, nome artístico de Acisclo Rogelio Manzano Freire, escultor.
- Acuña, nome artístico de José María Acuña López, escultor.
- Armando Martínez, nome artístico de Armando Emilio Martínez Vázquez, escultor.
- Asorey, nome artístico de Francisco Hipólito Asorey González, escultor.
- Bonome, nome artístico de Santiago Rodríguez Bonome, escultor.
- Buciños, nome artístico de Manuel García Vázquez, escultor.
- Camilo Seira, nome artístico de Camilo Rodríguez Vidal, escultor.
- Carlos Tesouro, nome artístico de Carlos Rodríguez González, escultor.
- Chicheri, nome artístico de Enrique Saavedra López, escultor.
- Cochorro, nome artístico de Luis Fernández González, escultor.
- Correa Corredoira, nome artístico de Xabier Correa Corredoira, pintor, gravador e escultor.
- Compostela, nome artístico de Francisco Vázquez Díaz, escultor.
- Cristino Mallo, nome artístico de Cristino Gómez González, escultor.
- Cuqui Piñeiro, nome artístico de María Cruz Piñeiro Álvarez, escultora.
- Docha Riobóo, nome artístico de Docha López-Riobóo Latorre, escultora.
- Eiravella, nome artístico de Juan Otero García, escultor.
- Emilia Salgueiro, nome artístico de Emilia Vázquez Rodríguez, escultora.
- Faílde, nome artístico de Antonio Faílde Gago, escultor.
- Francisco Escudero, nome artístico de José Francisco Escudero Carril, escultor.
- Florencio de Arboiro, nome artístico de Florencio Martínez Vázquez, escultor e coleccionista de rodas de afiar.
- Garmendía, nome artístico de Uxío Otero Rodríguez, escultor.
- Leiro, nome artístico de Francisco Leiro Lois, escultor e pintor.
- Lito Portela, nome artístico de José Ángel Portela Calvar, escultor.
- Lucas Míguez, nome artístico de Olimpio Javier Míguez Mosquera, escultor.
- Luis Caruncho, nome artístico de Luis María Caruncho Amat, escultor, pintor e xestor cultural.
- Manolo Chazo, nome artístico de Manuel Chazo González, escultor.
- Mon Vasco, nome artístico de Ramón Ezequiel Vasco Pardavila, escultor.
- Moncho Amigo, nome artístico de Ramón Manuel Amigo González, escultor.
- Oliveira, nome artístico de Juan José Oliveira Viéitez, escultor.
- Paparolo, nome artístico de Manuel Barreiro Barreiro, escultor e ceramista.
- Peiss ou Peissman, nomes artísticos de Juan Manuel Fernández Rivas, arquuitecto e escultor.
- Pepe Galán, nome artístico de José Galán Suárez, escultor.
- Pepe da Pena, sobrenome de José Cerviño García, escultor e canteiro.
- Picallo, nome artístico de Maxín Xulio Picallo Durán, escultor.
- Piquico, nome artístico de Ángel Manuel Rodríguez Romero, escultor.
- Ramón Conde, nome artístico de Ramón Ángel Conde Bermúdez, escultor.
- Suso Balado, nome artístico de Jesús Abel Balado Taboada, escultor.
- Suso de Marcos, nome artístico do escultor Jesús López García, formado polo hipocorístico e o alcume da familia.
- Toño Monteiro, nome artístico de Antonio Monteiro Rodríguez, escultor.
- Valdi, nome artístico de Xosé Val Díaz, escultor.
- Torino, nome artístico e hipocorístico de Victorino Núñez Díaz, escultor.
- Xaime Quessada, nome artístico de Xaime Quesada Porto, escritor, escultor e pintor.
- Xabier Dobao, nome artístico de Francisco Javier Dobao Fernández, escultor.
- Xelo de Tremiñá, nome artístico de Ángel García, escultor.
- Xesús Carballido, nome artístico de Xesús Antón Carballido Cibeira, escultor.
- Xosé Eiroa, nome artístico de Gabriel Xosé Eiroa Barral, escultor.
- Xosé Ferreiro, nome artístico de Xosé Antonio Mauro Ferreiro Suárez, escultor.
- Xuxo Vázquez, nome artístico de Jesús Vázquez Pardo, escultor.
Debuxantes
[editar | editar a fonte]- Atomé, nome artístico de Antonio Tomé Taboada, humorista gráfico.
- Barqueiro, nome artístico de José Conde, ilustrador.
- O Carrabouxo, ou Xosé Lois, pseudónimo de Xosé Lois González Vázquez, caricaturista.
- Castaño, nome artístico de Gerardo Castaño Balado, debuxante e caricaturista.
- Castelao, pseudónimo de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, debuxante, pintor, escritor e político.
- Denys Fernández, pseudónimo de Cándido Fernández Mazas, pintor e ilustrador. Tamén chamado Dichi.
- El divino hojalatero, sobrenome de Patricio Sánchez Bello, caricaturista.
- Forxán, pseudónimo de Xosé Mª Pérez Forxán, debuxante humorístico.
- Gogue, nome artístico de Xosé Ángel Rodríguez López, debuxante humorístico.
- Loquis, nome artístico de Xosé Mª Rodríguez Iglesias, debuxante e deseñador.
- Peles, nome artístico de Xosé Lois Labarta, debuxante.
- Peroxa, alcuña do artista gráfico Isaac Pereira, debuxante.
- Pinto e Chinto, pseudónimo colectivo do guionista Carlos López Gómez e o debuxante David Pintor.
- Roxo, pseudónimo de Isaac Díaz Arias, debuxante de banda deseñada.
- Calros Silvar, pseudónimo de Carlos Rodríguez Silvar, ilustrador, debuxante e deseñador gráfico.
- Siro, nome artístico de Siro López Lorenzo, debuxante humorístico.
- Suso Peña, nome artístico con hipocorístico de Jesús de la Peña Rego, debuxante.
- Tabarra, pseudónimo de José Lorenzo Álvarez, caricaturista.
Fotógrafos
[editar | editar a fonte]- Delmi Álvarez, nome artístico de Edelmiro Álvarez Jiménez.
- Ksado, nome artístico de Luis Casado Fernández.
- Mogar, sobrenome de Manuel García Castro, xefe do servizo fotográfico de Faro de Vigo.
- Tino Martínez, nome artístico de Constantino Martínez Sánchez.
- Teo Abad, nome artístico de Manuel Abad Abad.
Deseñadores
[editar | editar a fonte]- Florentino, nome artístico de Florentino Cacheda, deseñador de moda.
- Gene Cabaleiro, nome artístico de Generoso Antonio Cabaleiro Muíños
- Kina Fernández, nome artístico de Joaquina Fernández Álvarez, deseñadora.
- Roberto Verino, nome artístico de Manuel Roberto Mariño Fernández, deseñador de moda.
Arquitectos
[editar | editar a fonte]- Mestre de Fornelos, sobrenome de Domingo Rodríguez de Pazos, arquitecto.
Deportistas
[editar | editar a fonte]- Bicho, sobrenome deportivo de Javier Fernández Abruñedo, futbolista.
- Chacho, sobrenome deportivo de Eduardo González Valiño, futbolista.
- Cheché, nome deportivo de José Mª Martín Rodríguez, futbolista
- Fran, nome deportivo de Francisco Javier González Pérez, futbolista.
- Marcelino, nome deportivo de Marcelino Martínez Cao, futbolista.
- Pahiño, nome deportivo de Manuel Fernández Fernández, futbolista.
- Palelas, nome deportivo de José Manuel Rodríguez Díaz, atleta.
- Pantera Rodríguez, nome deportivo de Felipe Rodríguez Piñeiro, boxeador.
Persoeiros históricos e políticos
[editar | editar a fonte]Políticos
[editar | editar a fonte]- O abade das Vellas, alcuña de Fernando Felipe Fernández, cura e deputado.
- O abade de Beiro, sobrenome de Basilio Álvarez Rodríguez, político agrarista.
- Afranio de Amaral, nome de guerra do escritor e político Antón Alonso Ríos.
- El aldeano gallego, pseudónimo de Ramón Pérez Costales, médico e político.
- Antonio Filántropo, pseudónimo de Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, político ilustrado.
- O Callobrés, sobrenome de José Fernández Cortés, anarquista.
- O cuco de Lourizán, sobrenome de Eugenio Montero Ríos, político.
- Chocolatito, sobrenome de Armando Fernández Mazas, militante do POUM.
- Hispanicus, Jaime de Andrade, Macaulay, ou Jakin Boor, pseudónimos usados por Franco, os dous últimos nas súas colaboracións nos xornais “Raza” e “Arriba”, respectivamente.
- Leri, alcume do político independente vigués Antonio Nieto Figueroa.
- Líster, nome de guerra de Jesús Liste Forján, militante comunista e xeneral soviético.
- Médico Rodríguez, sobrenome de José Rodríguez Martínez, político.
- Paco Balón, alcuña de Francisco González Vidal, activista comunista.
- Pedro Madruga, sobrenome de Pedro Álvarez de Soutomaior (s. XV).
- Pedrosa, pseudónimo de Francisco Fernández García, activista socialista de Ferrol.
- Pepe Benito, alcume de José Benito Pardo Rodríguez, político lugués da Restauración.
- Pepín da Lejía, alcuña de Pepín García García, activista socialista coruñés.
Guerrilleiros antifranquistas
[editar | editar a fonte]- Coronel Benito, nome de guerra de Manuel Fernández Soto, guerrilleiro antifranquista.
- Cristo, Dapena, nomes de guerra de José Arias Fernández, guerrilleiro antifranquista.
- Curuxás, nome de guerra de Ramón Rodríguez Varela, guerrilleiro antifranquista.
- Foucellas, nome de guerra de Benigno Andrade García, guerrilleiro antifranquista.
- O Fresco, sobrenome familiar de Manuel González Fresco, fuxido antifranquista.
- Fuenteoliva, nome de guerra de Antonio Fernández Crespo, guerrilleiro antifranquista.
- Gafas, nome de guerra de Marcelino Fernández Villanueva, guerrilleiro antifranquista, tamén chamado Juan Don Nadie.
- O Gardarríos, sobrenome, por profesión, de Luís Trigo Chao, fuxido antifranquista.
- Henares, nome de guerra de José Santiago Temprano, guerrilleiro antifranquista.
- Juan García Durán, ou El Fugas, nome de guerra de Luís Costa García, anarquista.
- Manolito Bello e Luis Seijo Freire, nomes de guerra de Manuel Bello Parga, guerrilleiro comunista.
- Marrofer, nome de guerra e acrónimo de Marcelino Rodríguez Fernández, guerrilleiro antifranquista.
- Mirella, nome de guerra de Ramona Curto Condal, compañeira do Piloto.
- Moncho, nome de guerra de Francisco Rey Balbís, guerrilleiro antifranquista.
- Pepito, nome de guerra de Melchor Díaz, guerrilleiro antifranquista.
- O Piloto, nome de guerra de Xosé Castro Veiga, guerrilleiro antifranquista.
- O Pinche, outro nome de guerra de Mario de Langullo, guerrilleiro antifranquista.
- Rego, nome de guerra de José Pardo Rodríguez, guerrilleiro antifranquista.
- Rufino, nome de guerra de Vicente López Novo, guerrilleiro antifranquista.
- Sotomayor, ou comandante Sotomayor, sobrenome de José Fernando Fernández Vázquez, un dos responsábeis do secuestro do Santa María.
- Tameirón, sobrenome de Eduardo Pérez Vega, guerrilleiro antifranquista.
- Torallo, nome de guerra de Antonio Ulloa Regueiro, guerrilleiro antifranquista.
- Xan de Xenaro, nome de guerra do guerrilleiro antifranquista Juan Pérez Dopico.
- Xanote, nome de guerra do guerrilleiro antifranquista Manuel Simón Campos.
Guerrilleiros carlistas
[editar | editar a fonte]- O Coxo, unha das alcuñas de Manuel Álvarez Fernández, guerrilleiro carlista.
- O Ebanista, alcuña de Fernando Gómez, guerrilleiro carlista.
- O Estudiante, alcuña de Juan Rodríguez, guerrilleiro carlista.
- O Evanxelista, tamén Mosteiro, un dos sobrenomes de José Ramón González Soto, subdiácono e guerrilleiro carlista
- O Farrapeiro, alcuña de Manuel Campos Pousa, guerrilleiro carlista.
- Feás, sobrenome do guerrilleiro carlista Andrés Arias Feás.
- Fray Gregorio, sobrenome de Manuel Osorio, guerrilleiro carlista.
- Queimaliños, alcuña de Antonio Mosquera, guerrilleiro carlista
- O señorito de Bullán, un dos sobrenomes de Manuel Álvarez Fernández, guerrilleiro carlista.
- Souto de Remesar, sobrenome de José González Souto, guerrilleiro carlista.
Outros militares e combatentes
[editar | editar a fonte]- Cachamuíña, nome de guerra de Bernardo González del Valle, militar da Guerra da Independencia española en Galicia.
- O abade de Casoio, sobrenome de José Ramón Quiroga Uría, guerrilleiro na Guerra da Independencia española en Galicia.
- O abade de Valladares, sobrenome de Juan Rosendo Arias Enríquez, guerrilleiro da Guerra de Independencia española en Galicia.
- O abade de Vilar e Couto ou abade do Couto, sobrenome de Troncoso de Lira, guerrilleiro.
- El marquesito, alcume de Juan Díaz Porlier, militar liberal.
- Pacón, alcuña hipocorística de Francisco Franco Salgado-Araújo, militar, e pai de Franco.
Escritores
[editar | editar a fonte]Século XIII
[editar | editar a fonte]- O tudense, sobrenome de Lucas de Tui, bispo de Tui e historiador.
Século XVI
[editar | editar a fonte]- Cadavaus Gravius Calydonis Tudensis. Con este pseudónimo escribiu o humanista galego Álvaro Cadaval Valladares de Sotomayor as súas obras en verso e en latín, entre elas, De obitu et apotheosi invistis Joam III Lusitaniae, e In librum quartum Antonii Nebrisensis.
Século XVII
[editar | editar a fonte]- Ingenio de Salamanca, pseudónimo de Luis Losada Quiroga, xesuíta, teólogo, poeta, quen tamén usou Jorge Pitillas.
- Jose Bugariños, apelídase indebidamente «Bugariños». É o historiador P. José Bugarín (1600-1666), autor de Anales del Reino de Galicia e Historia del Apóstol Santiago.
Século XVIII
[editar | editar a fonte]- Agustín Verísimo Vilabella, pseudónimo de Manuel Freire Castrillón, comerciante, político e xornalista, tamén alcumado El estafetero e Reytengo.
- O primeiro cura de Fruíme, sobrenome de Diego Antonio Cernadas de Castro, escritor.
- Gabriel de Cárdenas y Cano, pseudónimo de Andrés de Barcia Carballido y Zúñiga, escritor e explorador.
- León de Parma, pseudónimo de Manuel Pardo de Andrade, escritor.
- Martín Sarmiento, nome de relixión de Pedro José García Balboa.
- A musa compostelana, sobrenome de Francisca Isla y Losada, poeta.
Século XIX
[editar | editar a fonte]- El abate Lepe, pseudónimo de Augusto de Santiago Gadea, polígrafo.
- A.B. María, pseudónimo de Alfredo Brañas.
- Abenhumeya, pseudónimo de Antolín Faraldo.
- Alfarache, pseudónimo de Eduardo Núñez Sarmiento, xornalista e poeta.
- Amador Marán, anagrama de Ramón Armada Teixeiro, poeta, tamén chamado Céltegos, Chumín ou Chumín de Céltegos.
- Ambriosio, pseud. de Pío Linocuíñas, en Faro de Vigo.
- A. Marsal, pseudónimo e anagrama de Andrés Martínez Salazar, editor e xornalista. Tamén empregou os alcumes de Juan de Garás e Martín Sala.
- Amorodul, pseudónimo de Romualdo Acevedo Rivero, xornalista e alcalde de Lugo.
- El Anémico, pseudónimo de Ramón Iglesias Camino, usado no xornal El Eco de Galicia (1893-1896).
- Antón de Rabodegalo, pseudónimo de Enrique Labarta Pose, escritor.
- O apóstolo de Galicia, sobrenome de Ramón García Abad, crego e propagandista católico.
- El bachiller Hungarelo, pseudónimo de Juan Gómez Navaza, xornalista.
- Barón de Andilla: con este pseudónimo firmou o galego Francisco Garcés de Mansilla a obra Fábulas, cuentos y epigramas morales e outros escritos.
- Blanca Azucena de la China, pseudónimo de Eduardo Núñez Sarmiento.
- Blas Pérez das Campas, pseudónimo de Miguel García Teijeiro.
- Camilo de Cela, pseudónimo de Modesto Fernández González, polígrafo. Tamén usou Fernán González e Julio de Osera.
- El cantor de las verdades, pseudónimo de Pedro Armesto en artigos en La Revista de Pontevedra.
- Caranza, pseudónimo de Juan Beltrán Muíños no Boletín de Ferrol y su comarca.
- Fr. Marcos de la Caridad, pseudónimo de Augusto Escarpizo Lorenzana, autor de Geografia astronómica, física y política de la provincia de Pontevedra, y nociones generales de geografía astronómica, física y política.
- Chumín de Celtigós, pseudónimo de Ramón Armada Teixeiro, autor de Caldo de Grelos e outras obras.
- Claridades, pseudónimo de Víctor Castro Soto en El Eco de Galicia.
- Demófilo, pseudónimo de Antonio Machado Álvarez, folclorista.
- Don Pío, pseudónimo de Alejandro Pérez Lugín
- Dr. Malatesta, pseudónimo de Antonio Neira de Mosquera, xornalista.
- Eduardo González, unha das sinaturas de Eduardo Pondal.
- Eduardo L. Posobón, pseudónimo de Bernardo Rodríguez Ribeira, xornalista.
- E. Gil Arans, pseudónimo de Leandro de Saralegui Medina, polígrafo.
- Enarda, pseudónimo de Alberto Camino, tamén chamado Galatea.
- Esperanza, pseudónimo de Emilia Calé Torres.
- Fanny Garrido, pseudónimo de Francisca González Garrido, tamén chamada Eulalia de Liáns.
- Felicia, pseudónimo de Virginia Auber Noya.
- Franrobla ou Franc Robla, anagrama de Francisco Romero Blanco, médico, político, escritor e reitor da Universidade de Santiago.
- Gonzalo, pseudónimo de Luís Bouza Trillo.
- Isidoro Araújo de Lira, pseudónimo de Isidoro Araújo Alcalde, xornalista.
- Jan de Auces, pseudónimo de Florencio Vaamonde Lores no artigo "Geografía de Galicia", publicado na Revista Gallega.
- Janiño, pseudónimo de Galo Salinas, dramaturgo. Usou tamén Manecho e Xan de Morás.
- José Raimúndez, un dos pseudónimos de Xosé María Chao Ledo, sacerdote e escritor, tamén coñecido como Un parroquiano de Chalán.
- Jo Ber y Mon, pseudónimo de José Bermúdez Montero, xornalista.
- J. Pan y Español, pseudónimo de Emilia Pardo Bazán, escritora.
- Juan Ingenuo, pseudónimo do militar e escritor Carlos Saavedra y Magdalena.
- K, pseudónimo de Antonio López Ferreiro, historiador e novelista.
- L. de Outeiro, pseudónimo de Luís Otero Pimentel, escritor e militar.
- L. da Carvalheira, pseudónimo de Antonio López Carballeira, escritor e cóengo.
- Lucas de Tuy, pseudónimo de Augusto González-Besada Mein, político e publicista.
- Manuel Barros, pseudónimo de Manuel Vázquez Castro, escritor e xornalista.
- Ma-Nu-Gon, anagrama de Manuel Núñez González, escritor.
- El Mella Franciscano, sobrenome de Plácido Ángel Rey Lemos, franciscano e polígrafo.
- Mingos Gallego, pseudónimo de Francisco María de la Iglesia, dramaturgo.
- Mingos Reza, pseudónimo co que comezou a escribir Eladio Rodríguez.
- Moraben, pseudónimo de Victorino Abente Lago, poeta nado en Muxía, tamén chamado Tío Comandulas.
- Mr. Wigh, pseudónimo de Camilo Placer, poeta.
- Niram-Alliv, pseudónimo e anagrama de José Sánchez Villamarín, político, espiritista, enxeñeiro e escritor.
- Paquiña, pseudónimo hipocorístico de Francisca Herrera Garrido, escritora.
- Pedro Aldarete, pseudónimo de Florencio Vaamonde Lores, segundo Ricardo Carvalho Calero.
- Pedro de Merille, pseudónimo de Salvador Golpe Varela, polígrafo.
- Picadillo, pseudónimo de Manuel María Puga y Parga, político, gastrónomo e escritor.
- Ramón Erotiguer, pseudónimo anagramático de José María Riguera Montero, escritor.
- Roque Grilo Berzas, pseudónimo de Remigio Garrido Bouzas, crego e xornalista.
- O señorito García, alcuña de Alfredo García López-Dóriga, xornalista e escritor.
- Sofía Casanova, nome artístico de Sofía Pérez de Eguía Casanova.
- O tío Marcos da Portela, foi un heterónimo de Valentín Lamas Carvajal, ademais do nome dunha publicación dirixida por este. Lamas tamén usou outros pseudónimos, como Arminda, Arminda Flora Serrano ou Fray Marcos da Portela. O heterónimo foi recuperado anos despois polo escritor Prado Lameiro.
- Tirso Aguimana de Veca, pseudónimo de Agustín María Acevedo Rodríguez, médico e escritor.
- Vardo de Chas, pseudónimo de Manuel Pardo de Andrade en xornais da Coruña en 1803.
- Víctor Sáiz, pseudónimo de Víctor Said Armesto, polígrafo.
- El Viejo Pancho, o máis coñecido dos pseudónimos de J.Mª Alonso Trelles y Jarén, poeta, que tamén usou o de El Manco de Santa Rosa, Candil e Tácito.
- Xan Blexos, Benigno Salgado Vázquez, quen colaborou con este pseudónimo en La Voz de Galicia, Montevideo.
- Xan da Coba, pseudónimo de Juan de la Coba Gómez, tamén chamado Perito Agrimensor.
- Xan de Masma, pseudónimo de Patricio Delgado Luaces, escritor.
Século XX
[editar | editar a fonte]- Abel de Acebedo, pseudónimo de Avelino López Otero.
- Abel Franzudo Damiani, un dos pseudónimos de Xavier Costa Clavell. Tamén usou Donald Carve, Eduardo Balada e Ernesto Kirst.
- Abel Quijano, pseudónimo de Luís Manteiga.
- Abuín de Tembra, pseudónimo de Avelino Abuín González, escritor.
- Adro Xavier, pseudónimo de Alejandro Rey-Stolle Pedrosa, crego e escritor.
- Albor, pseudónimo de Francisco Pillado Rivadulla, dramaturgo.
- Alí Ben Omar, pseudónimo de Antón Santamarina Delgado
- Alonso de Goyán, pseudónimo de Eliseo Alonso, polígrafo.
- Álvaro Labrada, pseudónimo utilizado por Álvaro Cunqueiro, así como as súas siglas A.L.. Tamén usou outros nomes, como Al-Faris Ibn Iaquín Al Galizí, no libro Si o vello Sinbad volvese ás illas..., ou Ariel García, Benito Moirón, Cristóbal Xordán, Filón O Mozo, Manuel María Seoane e as súas siglas M.M.S., Patricio Mor, X. Berenguer ou Xusto Cabarcos.
- Alexandre de Fisterra pseudónimo de Alejandro Campos Ramírez, polígrafo.
- Amaro Chaín, pseudónimo de Antonio Lorenzo Sánchez, tradutor.
- Amaro Orzán, pseudónimo de Álvaro Paradela Criado, polígrafo.
- Anric, pseudónimo de Enrique Massó Bolívar, empresario e escritor.
- Antón de Pepiño, pseudónimo de Francisco Sánchez García, xornalista e escritor.
- Antón de Sirgal, pseudónimo de Teolindo Cortiña, escritor e crego.
- Antonio Cirvigo y Vorca, pseudónimo anagramático de Victorino Novo y García, investigador da poesía popular.
- Antonio de Altamira, pseudónimo de Antonio López Sánchez, redactor de El Correo Gallego.
- Ánxel de Cambeses, pseudónimo de Ángel Fernández Posada en Libro de divulgación sobre avicultura y cunicultura familiar y casera.
- Ariel, un dos pseudónimos da xornalista María Luz Morales Godoy, quen tamén empregou os de Felipe Centeno e María Thierry.
- Arístides Silveira, un dos pseudónimos do poeta Celso Emilio Ferreiro. Tamén usou os de Alexis Vainacova, Stow Kiwoto Lumen, Celso de Cela ou Neskezas Cokhan Mordhe.
- Asela, un dos pseudónimos de Concha Castroviejo.
- Asieumedre, un dos pseudónimos de Manuel Lugrís Freire. Tamén usou o de K.Ñoto, L.U. Gris, Manecho, Roque d’as Mariñas e Servet.
- Augusto Assía, pseudónimo de Felipe Fernández Armesto. Tamén usou o de K.M e o de Obe.
- Aurelio de Arzúa, pseudónimo de Aureliano Pardo Villar en Santoral Gallego.
- Avilés de Taramancos, pseudónimo de Antón Avilés Vinagre, poeta.
- Baraxeiro, pseudónimo de Xesús Torres Regueiro, polígrafo.
- Basilio, pseudónimo de Basilio Fernández Barbazán en Denantes.
- Ben-Cho-Shey, pseudónimo habitual de Xosé Ramón y Fernández-Oxea, escritor. Outros pseudónimos: Xan Fandiño ou Xan Fouciño.
- Beppo, pseudónimo de José Vega Blanco, xornalista e académico da Real Academia Galega.
- Beta Herculis, pseudónimo de Primitivo Rodríguez Sanjurjo, xornalista e escritor, que o usaba para horóscopos.
- Bocelo, pseudónimo de Pedro de Llano López, xornalista.
- Borobó, pseudónimo de Raimundo García Domínguez, xornalista e escritor. Tamén usou os de Uriel, Ánxel Novo, Julio Sierra, Raimundo Lozano e Sargento Leví.
- Brigancio, pseudónimo de Roxelio Rodríguez de Bretaña, xornalista e director do Padroado da cultura galega de México.
- O bruxo dos ermos, tamén chamado unicamente O bruxo, foi o pseudónimo de Celestino Cabarcos Suárez, sacerdote e escritor. Tamén ouso o pseudónimo Cástulo.
- El caballero Artagnan, un dos pseudónimos de Francisco Vales Villamarín, xornalista. Tamén usou os alcumes de Efe e de Silvano de Leonisa.
- Cabo, pseudónimo de Carlos Caba na sección «El Ángulo de la Peregrina» do xornal El Pueblo Gallego.
- Campio Carpio, pseudónimo de Campio Pérez Pérez, escritor e político libertario.
- Caramiñas, pseudónimo de José Juan Pérez Gómez, escritor, tamén chamado José Barbanza.
- Cardenio, pseudónimo de Ramón Fernández Mato, escritor.
- P. Catalejos, pseudónimo de Bautista Costa Miguélez en El Eco Franciscano, segundo Couceiro Freijomil.
- Celso de Baión, pseudónimo de Xosé María Álvarez Blázquez co que publicou Os nomes da terra na súa colección O Moucho. Álvarez Blázquez veraneaba en Baión (Vilanova de Arousa).
- Cilistro, alcuña hipocorística de Celestino Fernández de la Vega, ensaísta.
- Cirilo de Crespo, un dos pseudónimos de Roberto Blanco Torres, escritor e xornalista, tamén chamado Fray Roblanto.
- Clowings, pseudónimo de Emilio González y Fernández, en ¡Ay, miña nai!.
- Conde de Cela, pseudónimo de Joaquín Pesqueira, director de Suevia, revista literaria de Buenos Aires.
- C. Sobreira, seudónimo de Constantino García, lingüista e escritor.
- D’Aponte, pseudónimo de Antonio García Hermida, polígrafo, quen tamén usou os alcumes de Garcimida e Ragrech.
- Diego de Muros, pseudónimo de Celestino Sánchez Rivera, xornalista e escritor.
- Don Verdades, pseudónimo de Segismundo Blanco Cuesta, xornalista deportivo.
- Donald Carvey, pseudónimo de Xavier Costa Clavell en Existe la sexualidad después de los 50 años.
- O druída endovélico, pseudónimo de Carlos García Bayón, xornalista e escritor.
- Duque de Guanteme, pseudónimo de Manuel Ceferino Míguez Barreiro, economista e escritor.
- Eduardo Balada, pseudónimo de Xavier Costa Clavell en El amor y las casadas.
- Enrique de Suevia, pseudónimo de Enrique Labarta Pose.
- Eubensei, pseudónimo de Manuel Beiras García, quen tamén usou o de Juan de la Calle.
- Eugenio Ramos, pseudónimo de Eugenio López Aydillo, polígrafo.
- Ego, pseudónimo de Manuel Durán Valiño, xornalista.
- Emetrés, un dos pseudónimos de Marcelino Martínez Morás, escritor e xornalista.
- Ernesto Guerra da Cal, heterónimo de Ernesto Pérez Guerra.
- Ervija, un dos pseudónimos de Javier Valcarce Ocampo, escritor e xornalista.
- Esperanza, un dos pseudónimos de Concha Castroviejo Blanco-Cicerón (1910-1945), xornalista e escritora
- Esperanza Roca, pseudónimo de Amador Montenegro.
- Estebo de Paleo, pseudónimo de Uxío Carré Aldao, quen tamén usou o de Eurico Nagere, Carlos Florencio e Xan do Martinete.
- Félix Muriel, pseudónimo de Rafael Dieste.
- Fernando Cadaval, pseudónimo de Ricardo Carvalho Calero.
- Fernando Burbia Valcarce, pseudónimo de Ramón González-Alegre, escritor.
- Fernan-per, pseudónimo de Antonio Fernández Pérez, escritor, que tamén usou o alcume de F. de Rabal
- Florisel, ou Florella ou Florixel, pseudónimo de Asunción Correa Calderón, escritora.
- Fole de Navia, ou coas iniciais F.N., pseudónimo de Ánxel Fole, escritor. Tamén empregou os alcumes Xelos de Orbán, Troitiño, Lucencio e Neumandro.
- Francisco José Alcántara, pseudónimo de José García Hernández, escritor gañador do Premio Nadal.
- François de la Cote, pseudónimo de Xavier Costa Clavell en Vida secreta de Martín Borman.
- Fray Plácido, pseudónimo de Plácido Ángel Rey Lemos, bispo e escritor.
- Fray Roblanto, pseudónimo de Roberto Blanco Torres, poeta e xornalista.
- Fraysel, pseudónimo e acrónimo de Samuel Eiján.
- Giancarlo Benetti, pseudónimo de Mariano Rodríguez Tudela en Espartaco, el libertador de esclavos.
- Gerardo Zudorriber, pseudónimo de Bernardo Rodríguez Ribeira, xornalista.
- Gonzal Pastor, pseudónimo de Roberto González Pastoriza, avogado e escritor.
- Gonzalo de Balcaide, pseudónimo de Gonzalo Rodríguez Mourullo, escritor e avogado.
- Gregorio Bustamente, pseudónimo de José Almoina, escritor e político.
- Gudea, pseudónimo de Manuel Lueiro Rey, escritor.
- O guedelliñas, pseudónimo de Xosé Luís García Mato, poeta.
- Handicap, pseudónimo do xornalista deportivo Manuel de Castro.
- Harman do Carrio, pseudónimo de Armando Vázquez Crespo, escritor.
- Hidalgo de Casco, pseudónimo de Rogelio Estévez Cambra, escritor e xurista.
- El hidalgo de Tor, pseudónimo de Francisco Camba, xornalista e escritor, irmán de Julio Camba
- Horacio Pimentel, pseudónimo de Gonzalo Torrente Ballester, escritor.
- J. Acuña, pseudónimo de Xosé Filgueira Valverde en Agromar (Teatro escolar). Farsa pra rapaces.
- Jaime Miravall, pseudónimo do polígrafo Carlos Martínez-Barbeito.
- Jereal, pseudónimo do xornalista e escritor Jesús Rey Alvite, derivado das iniciais do seu nome completo.
- Johán Carballeira, pseudónimo de José Gómez de la Cueva, alcalde de Bueu, poeta e xornalista.
- Jorge Casasbellas, pseudónimo de Manuel Cuña Novás no seu poema Trebón perpetuo.
- Jorge Marineda, pseudónimo de María Luz Morales, escritora.
- José María Kaydeda, pseudónimo de José Mª Calzado Dalmases, artista, historiador e escritor de ciencia ficción.
- Joselín, pseudónimo hipocorístico de José Rodríguez de Vicente, polígrafo.
- Juan Antonio Martínez Sevilla, nome literario de Juan Antonio Martínez Pérez, escritor e político .
- Juan Bartolomé de Porto, pseudónimo de Xosé Rubia Barcia, que tamén usou o de Juan Bartolomé de Roxas
- Juan de Huss, nome masónico e pseudónimo de Matías Usero Torrente, sacerdote, polígrafo .
- Juan de Lara, pseudónimo de Álvaro Fernández Suárez, escritor e economista.
- Julio Marín, pseudónimo de Xulián Magariños, escritor.
- Kandahar, un dos pseudónimos de Gonzalo Gurriarán Gurriarán, escritor, tamén chamado Edelweiss e Everest.
- Ken Keirades, pseudónimo de Manuel García Barros, escritor.
- Korgomófilo, un dos pseudónimos de Florencio Delgado Gurriarán, poeta, que tamén usou Gurri, Nadel, Porto do Río, R. Miño, Sil ou Xan do Sil.
- Un labrador gallego, pseudónimo de Francisco Lanza Álvarez, quen tamén usou El Montañés.
- León Yebra Olivier, pseudónimo de Aureliano Pardo Villar frade e escritor.
- Leuter, pseudónimo hipocorístico de Eleuterio González Salgado, xornalista.
- Licenciado Pravio, pseudónimo de Ramón Villar Ponte.
- Luciano de Casvestany, pseudónimo de Xavier costa Clavell en Horror, crimen y sexo.
- Luís de Alba, pseudónimo de Ramón Otero Pedrayo, que tamén usou Antonio Monteagudo, Cerro de los Llanos, Juan Gallego, Luis Peñanofre ou L. Peñanofre, Santiago Amaral (tamén S. Amaral), T. de A. ou Tristán de Montenegro.
- Luís G. Vicencio, pseudónimo de Luís Carré Alvarellos.
- Luis Cadabal, pseudónimo de Lois Peña Novo, polígrafo.
- Luís Pimentel, pseudónimo de Luís Benigno Vázquez Fernández, poeta.
- Luís Veiga do Campo, pseudónimo de Ramón Piñeiro, filósofo e escritor.
- Manuel Antonio, pseudónimo de Manuel Antonio Pérez Sánchez, poeta vangardista que tamén usou os pseudónimos Z e ZZ.
- Manuel da Torre, pseudónimo de Manuel García Blanco, lingüista e polígrafo, quen tamén usou Trpséfobo.
- Manuel da Ventosela, sobrenome de Manuel Álvarez Rivero, poeta.
- Manuel María, nome artístico de Manuel María Fernández Teixeiro, poeta. Tamén usou o de Ernesto Alfonso Reque Varela e o de Manuel Outeiro Hortas (abreviado en M. Outeiro Hortas).
- Marathon, pseudónimo de José Luis Bugallal Marchesi, xornalista deportivo e escritor.
- Mareiro, un dos pseudónimos de Valentín Paz Andrade, quen tamén usou as súas variantes A. Mareiro, M., ademais de Paz d’Andrade, Tío Xoán Bautista e Xan Quinto.
- Márgara, pseudónimo de María Luísa Armadáns García, enfermeira e escritora.
- Marius, pseudónimo de Mario Couceiro, poeta e xornalista, na súa columna en Ferrol Diario.
- Marqués de Sabuz, pseudónimo de Xosé Mouriño Estévez, frade agostiño e historiador.
- Matalavaca, pseudónimo de Beremundo Rodríguez González, político e escritor, tamén coñecido como Alejandro del Valle.
- Matilde Llòria, pseudónimo de Matilde González Palau, escritora.
- Matilde Verdú, pseudónimo de Camilo José Cela.
- Mauro do Sil, pseudónimo de Gabino Díaz de Herrera, escritor.
- Mechitas de Vigo, pseudónimo de Mercedes Viso Troncoso, escritora.
- Melchisedech, pseudónimo de Manuel García Durán, xornalista.
- Micromegas, pseudónimo de José Pan de Soraluce, político e escritor.
- Moisés da Presa, pseudónimo de Moisés Presa Esmerode, escritor.
- Moro Muza, pseudónimo de Antonio Rodríguez del Busto, polígrafo, tamén chamado El moro Tarfe e Serrano.
- Nan de Allariz, pseudónimo de Alfredo Fernández, dramaturgo.
- Nicasio Pajares, pseudónimo de Agapito Francisco Pajares Ojeros, polígrafo.
- Nito, pseudónimo e hipocorístico de Antonio Santiago Álvarez, dramaturgo.
- Noé Vila, pseudónimo anagramático de Avelino Barbeito, escritor e pai de María Barbeito.
- Norman Beechdale, pseudónimo de Xosé Otero Espasandín, polígrafo.
- Noezas, outro pseudónimo de Marcelino Martínez Morás, escritor, economista e xornalista. Tamén usou o de Raimundo Galíndez.
- Numael Ezper, pseudónimo e anagrama de Manuel Pérez Pérez, escritor.
- O. Chapman, pseudónimo de Mariano Rodríguez Tudela en Ku-Klux-Klan, odio, terror y muerte.
- O’Juliel Becuri, pseudónimo anagramático de Julio Ballesteros Curiel, escritor, lingüista e policía.
- Ojos de Acero, pseudónimo de José Otilio Díaz de Verdes.
- Ortegal, pseudónimo de Leandro Pita Romero, político e escritor.
- Palmerín, pseudónimo de Salvador García-Bodaño Fernández nas súas colaboracións en El Compostelano.
- Paul Reader, pseudónimo de Carlos de Arce Robledo, novelista e publicista.
- Pedro Borreiro, con este pseudónimo publicou Saturnino Piñeiro Fuchicadas, crónicas aparecida en El Tea.
- Pedro Novoakuw, pseudónimo de Roberto Nóvoa Santos.
- Pepe das Festas, sobrenome do versificador Higinio Fernández de La Vega Pasarín.
- Pepe de Xan Baña, alcuña familiar e pseudónimo de José Baña Pose, escritor.
- Pepe dos Cestos, pseudónimo de Ramón de Valenzuela, escritor, tamén chamado Tras-Deza.
- O poeta da Maía, sobrenome de Maximino Castiñeiras García, poeta afeccionado
- O poeta de Meira, sobrenome de Avelino Díaz, poeta popular.
- O poeta proletario-, sobrenome de Manuel Blanco Mariño.
- Prado Lameiro, pseudónimo de Xavier Prado Rodríguez, que tamén empregou o heterónimo O tío Marcos da Portela.
- Prisquito, pseudónimo de Prudencio Areal, bispo e escritor.
- Ramón Alvariño, pseudónimo de Leandro Carré Alvarellos.
- René Briand, pseudónimo de Mariano Rodríguez Tudela en Antoine Derues, al crimen por la megalomanía.
- Ronsel, pseudónimo de Emilio Álvarez Blázquez.
- Roxerius, pseudónimo de Roxelio Pérez González, mestre e escritor. Tamén usou o alcume de Xelioro.
- Salvador Lorenzana, o pseudónimo máis coñecido de Francisco Fernández del Riego, que ás veces foi usado polas iniciais S.L.. Tamén usou os nomes dos personaxes oterianos Adrián Solovio e Adrián Soutelo, e mais os pseudónimos Alevín e Cosme Barreiros.
- Santiago Pol, pseudónimo de Fermín Penzol.
- Sarah Lorenzana, pseudónimo de Sara Escarpizo Couto, escritora, tamén coñecida como Margarita del Campo e María del Campo.
- Sebastián de Arauco, pseudónimo de José González de Orense en Tres enfoques sobre la reencarnación.
- O segrel do Penedo, sobrenome de Xosé María Pérez Parallé.
- Sergio M. Dun, pseudónimo acróstico do nome propio de Gumersindo Placer, escritor e lexicógrafo.
- Silvetti, pseudónimo de Manuel Fandiño Ricart, sindicalista e xornalista, tamén chamado Alejandro Alba.
- Silvio, pseudónimo de Manuel Lago González (Cons)
- Sintax, pseudónimo de Eduardo Dieste, escritor e diplomático, irmán de Rafael Dieste.
- Solino Forcey, pseudónimo xornalístico de Florencio Cerviño, escritor e bispo de Ourense.
- Speradan Namaquizos, pseudónimo de Vicente Risco, que tamén usou os de Riyú Sahib, *Rujú Sahib" e Polichinela.
- Tatari, pseudónimo de Manuel Meilán Martínez, escritor e xornalista de radio.
- Trapacero, pseudónimo de Xosé Trapero Pardo, xornalista.
- Tresgallo de Souza, sobrenome de Maximiano García Venero, director de La Voz de Galicia.
- Valentina Lago Valladares, pseudónimo de Hipólita Muíño de Landrove.
- El Vate de la Raposeira, pseudónimo de Amador Montenegro Saavedra.
- Un vello bergantiñán, pseudónimo de Jesús San Luís Romero, dramaturgo, tamén chamado un mozo bergantiñán.
- O vello dos contos, sobrenome de José Mosquera Pérez, xornalista radiofónico.
- Verduguillo, pseudónimo de Ramón Rey Baltar, xornalista, que tamén usou o de Ostra Vieira e o de Xan Benito.
- Vícaro, pseudónimo de Víctor Castro Rodríguez, poeta.
- Victoria Armesto, pseudónimo de María Victoria Fernández-España Fernández-Latorre, escritora e xornalista.
- Vigatá, pseudónimo de Jacinto Méndez Esporín, sindicalista da CNT e xornalista.
- Waldo Corredoira, pseudónimo colectivo de Manuel Fabeiro e Andrés Rodríguez Millares. Rodríguez Millares tamén usou o de Onelia Borrel, Inciarte e Segundo Armenteros. Fabeiro usou os de Gonzalo Lago, José Martín, Luis Nogueira, Manolé, Manuel Fabeiro Rey, Manuel Nogueira da Rossetta, Mingo Faz do Beiro, Pedro Orestes Vidal e Roberto Muradano.
- Xan Carlos, pseudónimo de Manuel Vázquez Seijas, polígrafo
- Xan da Fouce, pseudónimo de José Ibáñez Fernández (1901-1966), polígrafo .
- Xelos da Forxa, pseudónimo de Miguel García Teijeiro, polígrafo.
- Xan da Ulla, pseudónimo de José Rey-Alvite Feás, xornalista, quen tamén usou os de Pepe Alvite e Yersaef (os apelidos Rey-Feás escritos ao revés).
- Xan das Cousas, pseudónimo de Casimiro Fernández Villagómez, xornalista e poeta.
- Xan de Ouces ou Jan de Ouces, pseudónimo de Florencio Vaamonde Lores, quen tamén usou os de Fulvio Vergondense, as súas iniciais F.V. e Pedro de Alderete.
- Xan do Cotón, pseudónimo de Ramón Martínez López, filólogo e político.
- Xan d'Outeiro, pseudónimo de Manuel Paz Varela, médico e escritor.
- Xocas, pseudónimo hipocorístico de Xoaquín Lorenzo Fernández, etnógrafo.
- Xohán Ledo, pseudónimo de Ricardo García Suárez, debuxante e escritor.
- Xulio Sesto, pseudónimo de Julio Manuel Vicente Sesto, escritor.
- O zapateiro poeta, sobrenome de Jesús San Luís Romero, dramaturgo.
- Zenitram, anagrama do sacerdote José Gómez Martínez.
Actuais
[editar | editar a fonte]- Alba Díaz Pachín, pseudónimo colectivo de Jorge Casanova e outros xornalistas de La Voz de Galicia[Cómpre referencia].
- Ángel de la Vega, nome literario de Ángel Martínez Fernández de la Vega, xornalista, tamén chamado A Mar e o marqués da Piringalla.
- Aser Vilar, pseudónimo de Marcos Valcárcel, historiador. Tamén usou Xabier Ribalta.
- Bárbaro Tomé, pseudónimo de Farruco Sesto Novás, arquitecto, poeta e político.
- Básico Rodríguez, pseudónimo e anagrama de Basilio Cobo Rodríguez, médico e escritor.
- Camilo Gonsar, pseudónimo e anagrama de Camilo González Suárez-Llanos, novelista.
- Camilo Valdehorras ou Camilo Valdeorras, pseudónimo de Camilo Fernández González, polígrafo.
- Chesi, pseudónimo hipocorístico de José María Pérez Álvarez, novelista e articulista.
- Claudio Rodríguez Fer, pseudónimo de Claudio Rodríguez Fernández. Tamén ten usado os alcumes de Apolo Roxo e Carlos Rodríguez Brown, e, en bretón, Klaoda Abalamour.
- Dámaso Nevares, pseudónimo de Alfonso Magariños Sueiro, ensaísta.
- Dorinda Areses e Heriberto Bens son heterónimos do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, o primeiro cando escribía en Hoja del Lunes de Vigo e o segundo como poeta. Tamén usou o pseudónimo Laín Feixóo, na mocidade.
- Dulce María, pseudónimo de Maruxa Orjales, poeta.
- Fersen, pseudónimo de Enrique Fernández Sendón, escritor, político e artista plástico, tamén chamado A. Martín.
- Francisco López Barxas, heterónimo de Francisco López Rodríguez.
- Joaquín Fariña, pseudónimo de Xesús Franco González, novelista.
- Josefina López de Serantes, usado pola escritora Josefina López González.
- Lalo Vázquez Gil, pseudónimo hipocorístico de Bernardo Miguel Vázquez Gil, escritor e cronista oficial de Vigo.
- Laura Branco, pseudónimo de Laura Blanco de la Barrera, poeta.
- Lois Caeiro, pseudónimo de Luís García Rodríguez, xornalista.
- Manuel Catoira, pseudónimo de Manuel López González, escritor.
- Manuel de Vicenta, pseudónimo de Manuel Bergueiro, escritor, tamén coñecido como Rogueiber.
- Manuel Forcadela, pseudónimo de Manuel Fernández Álvarez, poeta.
- Manuel García-Galano, pseudónimo de Manuel García Sánchez, escritor.
- Miudiño, alcuña do escritor Vicente Araguas.
- Morrois, pseudónimo de Xosé Manuel Martínez Oca, escritor.
- Pilar Cernuda, nome profesional de Pilar García-Cernuda Lago (Santiago, 1948), xornalista
- Pucheiro, pseudónimo de Alfonso Eiré, escritor, xornalista e editor.
- Suso Loureiro, pseudónimo colectivo de Ramón Reimunde Noreña, Araceli Herrero e Xesús Rábade Paredes.
- Tucho Calvo, nome artístico de Xosé Benito Calvo Rego, escritor e xornalista.
- Ulises Fisterrán, pseudónimo de Xesús Ferro Ruibal, ensaísta.
- O viceconde de Mandiá, pseudónimo de Lino Braxe, poeta e actor.
- X. González, pseudónimo de Basilio Losada.
- Xanete, pseudónimo de Daniel González Alén, xornalista e escritor.
- Xavier Queipo, pseudónimo de Francisco Xavier Vázquez Álvarez, biólogo e escritor.
- Xelís de Toro, nome artístico e hipocorístico de Xosé Luís de Toro Santos, escritor, que tamén asinou textos como Roque Morteiro.
- Xoán Martínez Tamuxe, pseudónimo de Juan Bautista González, polígrafo.
- Xosé de Valbuxán, pseudónimo de Xosé Porto, escritor.
- Xosé Henrique Rivadulla Corcón, pseudónimo de Xosé Henrique Rivadulla Crespo, escritor, guionista, dramaturgo e presentador de radio.
- Yusuf de Ventosela, pseudónimo de Xesús Alonso Montero, polígrafo, que tamén usou os pseudónimos María das Falas e Pedro Petouto.
Nobres
[editar | editar a fonte]- Barón de Andilla: Francisco Garcés de Cerdilla y Cerdán.
- Conde de Borrajeiros: Manuel Taboada Roca, tamén chamado Licenciado Mataró.
- Conde de Cartagena: Pablo Morillo.
- Conde de Fenosa: Pedro Barrié de la Maza.
- Conde de Gimonde: Pedro Cisneros
- Conde del Real Aprecio: Nazario Eguía, capitán xeral de Galicia.
- Conde de Maceda: Juan José Caamaño y Pardo.
- Terceiro Conde de Pallares: Manuel Vázquez de Parga
- Conde de Quirós: Isidoro Millán González Pardo.
- Primeiro marqués de Almeiras: Evaristo Martelo Paumán.
- Segundo marqués de Almeiras: Luis Quintas Goyanes.
- Marqués de Amboage: Ramón Plá y Monje.
- Marqués de Figueroa: Juan Armada Losada.
- Marqués de Loureda: Enrique Fernández Alsina.
- Marqués de Casa Pardiñas: Joaquín Arias Sanjurjo.
- Marqués de Camarasa: Ignacio Fernández de Henestrosa y Ortiz de Mioño.
Outros
[editar | editar a fonte]- Antón de Barreiros, sobrenome de Antonio Fernández López, empresario e emprendedor agrario, tamén coñecido como Antón de Marcos.
- Caíto, alcuña hipocorística de Ricardo Martín Esperanza, un empregado de banco ourensán implicado nun escándalo financeiro a finais do século XX.
- O conde santo, sobrenome popular do nobre Osorio Gutérrez (s. X).
- O cura das abellas, sobrenome de Benigno Ledo, apicultor.
- Dr. Veritas, pseudónimo de José Puente Castro, médico.
- Federico de Galicia, sobrenome de Federico Valeiro Caramés, presidente da Casa de Galicia de San Paulo.
- Hermano Lalo, sobrenome do espiritista Hilario Fernández.
- O lobishome de Allariz, alcume de Manuel Blanco Romasanta.
- O matemático de Bermés, sobrenome de José Rodríguez González, científico.
- Papus, pseudónimo de Gérard Encausse, médico e parapsicólogo.
- Toribio, sobrenome de Mamed Casanova, bandido.
- O viúvo de Rosalía, sobrenome de Camilo Agrasar, promotor cultural e arquivista.
- Xan de Forcados, alcuña de Juan López Suárez, médico.
- Xan Quinto, tamén chamado Navallas, alias de Antonio Rodríguez Otero, bandido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GEG, 2ª, t. 21
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AAVV. Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- AAVV. Enciclopedia Galega Universal. Vigo. Ir Indo Edicións. 2007.
- Álvarez Ruiz de Ojeda, Victoria (1992). "Os que se ocultan: a práctica do pseudónimo na literatura galega". Anuario de Estudos Literarios Galegos: 69–92. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2018. Consultado o 24/09/2018.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Vigo. Galaxia. 2ª ed.
- Hermida, Modesto (1995). Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-886-9.
- Marco López, Aurora (2007). Diccionario de Mulleres galegas: das orixes a 1975. Vigo. Edicións A Nosa Terra.
- Méndez Ferrín, X. L. (2007). Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos, Vigo. Xerais.
- Pereira, Dionisio e Fernández, Eliseo (2006). O movemento libertario en Galiza (1936-1976). A Nosa Terra.
- Rodríguez Fer, Claudio (1994). A literatura galega durante a Guerra Civil (1936-1939). Vigo. Xerais.
- Rogers, Paul Patrick e Lapuente, Felipe Antonio (1977). Diccionario de seudónimos literarios españoles, Madrid. Gredos.
- Santos Gayoso, Enrique (2002). Diccionario de seudónimos y apodos gallegos. Santiago de Compostela: Nino - Centro de impresion digital. ISBN 84-688-0795-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da Real Academia Galega.
- Pseudónimos galegos en ogalego.gal