Tabarra
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de abril de 1871 Ourense, España |
| Morte | 25 de novembro de 1923 Ourense, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | debuxante de prensa, caricaturista |
| Familia | |
| Cónxuxe | Joaquina Fernández Barcia |
| Fillos | Xaquín Lorenzo, Xurxo Lorenzo Fernández |
José Laurentino Lorenzo Álvarez, máis coñecido como Tabarra, nado en Ourense o 11 de abril de 1871 e finado na mesma cidade o 25 de novembro[1] de 1923, foi un caricaturista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1893), durante a súa época de estudante principiou a colaborar coa publicación satírica Café con Gotas, e tras dunha breve estada en Madrid publicou en Solidaridad, La Lucha, La República, El Liberal ou Barcelona Cómica. En 1903 gañou o segundo premio de caricaturas de El Liberal.[2] De ideas socialistas foi membro da Agrupación Socialista de Ourense, presentándose ás eleccións municipais de 1909 nunha coalición republicano-socialista. Escribiu os folletos políticos Nuestras Ideas e El Régimen Socialista. Foi o pai de Xaquín Lorenzo e Xurxo Lorenzo Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González Pérez, Clodio (2003) Xaquín Lorenzo Fernández Xocas (1907-1989). Toxosoutos, p. 41
- ↑ González Pérez, Clodio "Xoaquín Lorenzo Fernández. Vida" Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. Boletín da RAG 365 (2004) p. 176.