Xelís de Toro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xelís de Toro
Nacemento9 de outubro de 1962
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónArtista multimedia
IrmánsSuso de Toro
Coñecido porSeis cordas e un corazón, Non hai misericordia e Os saltimbanquis no paraíso
Na rede
Bitraga: 1486
editar datos en Wikidata ]

Xosé Luís de Toro Santos, máis coñecido como Xelís de Toro[1], nado en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 1962, é un escritor e artista multimedia[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai é de Formariz (provincia de Zamora) e a súa nai de Falapaso (Camboño, Lousame). Seu irmán, Suso de Toro, tamén é escritor.

É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi lector de galego nas universidades de Birmingham (1991-93) e Oxford (1993-97). En 1990 fundou Edicións Positivas xunto con Paco Macías. Foi cantante do grupo Os Quinindiolas. Realizou performances multimedia con Terminal e O buscapeixe. Foi colaborador habitual de Vieiros e reside en Inglaterra, onde traballa como editor internacional freelance. Forma parte do proxecto Laboratoro, que mestura música improvisada, poesía e movemento.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • The book of invisible bridges/O libro das pontes invisibles (2012, Pighog press, en edición bilingüe inglés-galego).

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Paco Peco Pequeneiro e o lagarteiro miope (1997 Sotelo Blanco).[5] En Xerais, 2021, ISBN 978-84-9121-908-8.
  • A porta dourada (1998, Sotelo Blanco).
  • O neno perdido (1998, Xerais). Con ilustracións de Francisco Bueno Capeáns.
  • O trompetista e a lúa (1999, Rodeira). Foi traducido ao castelán[6] e ao catalán.[7][8]
  • Paco pequeneiro e o mundo do revés (2000, Sotelo Blanco).
  • The Corunna boats (2004, Xerais).
  • A máquina contacontos (2004, Rodeira). Foi traducida ao castelán.[9]
  • Unha chuvia de meteoritos (2008, Sotelo Blanco).
  • Concurso de Pacos (2008, Sotelo Blanco).
  • O mago Orlando (2008, Sotelo Blanco).
  • O marciano azul (2008, Sotelo Blanco).
  • O robot que toleou (2008, Sotelo Blanco).
  • O xenio xenial (2008, Sotelo Blanco).
  • O gato fantasma (2013, Xerais).
  • O trompetista e a Lúa (2015), (3ª ed.), Xerais, 72 páx. ISBN 978-84-9914-848-9. [10]
  • A porta dourada (2018), Xerais, 152 páx. ISBN 978-84-9121-416-8.[11]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio de narrativa Cidade de Lugo no 1990, por Non hai misericordia.
  • Premio Compostela Cultural por Seis cordas e un corazón.
  • Premio San Clemente á mellor novela no 2000, por Os saltimbanquis no paraíso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pseudónimos de xentes galegas. X". ogalego.eu. Consultado o 18/12/2018. 
  2. "Ficha do autor en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018. 
  3. Castro López, Iria (2010). "Un exemplo de protohipertextualidade, "Terminal" de Xelís de Toro". Boletín Galego de Literatura (44): 97–110. ISSN 0214-9117. 
  4. Riofero.
  5. Reeditado en 2021 por Xerais, col. Merlín. Ilustracións de Titimoky. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-908-8. ePub: ISBN 978-84-9121-920-0.
  6. "El trompetista y la luna". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  7. "El Trompetista i la Lluna". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  8. "El trompetista i la lluna". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  9. "La máquina cuentacuentos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  10. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018. 
  11. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 18/12/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]