Beremundo Rodríguez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Beremundo Rodríguez González
AlcumeAlejandro del Valle
Nacemento1909
 San Paio
Falecemento1986
 París
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e político
editar datos en Wikidata ]

Beremundo Rodríguez González, coñecido como Alejandro del Valle, nado en San Paio, Mones (Petín) en 1910 e falecido en Angers en 1986, foi un político comunista galego e escritor en castelán e francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A fins dos anos 20 emigrou a Cuba, onde contactou coas ideas comunistas, voltando en época da Segunda República. Formou parte da xestora do concello petinés despois das eleccións municipais do 12 de febreiro de 1936, que lle deran a vitoria á Fronte Popular. Foi tamén secretario comarcal do Partido Comunista. Era coñecido co alcume Matalavaca.

Logo da sublevación militar de xullo do 1936, Beremundo salvou a vida ao chegar até Asturias como fixeron outros valdeorreses, onde se integrou no Exército popular. Pasou logo ao XIIº Corpo do Exército da República nos Pireneos, no que foi instrutor. Refuxiado en Francia despois do 1939, formou parte da resistencia contra a ocupación nazi dese país.

Anos máis tarde colaborou na revolución cubana de Fidel Castro. Pasou logo algún tempo na Arxentina. Volveu para Francia a mediados dos anos sesenta. Baixo o pseudónimo Alejandro del Valle, e en autoedición, publicou no país galo varias obras de poesía ou de ensaísmo literario.

Morreu en Angers na miseria en 1986. Foi posteriormente inhumado no cemiterio de Santa María de Mones (Petín).

Obra[editar | editar a fonte]

  • Poética Galicia. París, 1971 (1973, 2ª ed.).
  • La poesía revolucionaria española. París, 1976.
  • Háblame de Amor, 1969.
  • Águila intercontinental, 1970.
  • Cité de la Nuit, 1970 (bilingüe, francés-castelán).
  • Poèmes pour le Vietnam, 1972 (en colaboración con Franco Bianciardi).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García Yáñez, Félix (2005). A Nosa Terra, ed. O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1977). Vigo. pp. 69–70. ISBN 84-96403-13-0. 
  • Varela Sieiro, Xaime (2001). "Alejandro del Valle, un poeta galego no París do 68". En Consello da Cultura Galega. Congreso Internacional o Exilio Galego. Santiago de Compostela. pp. 1056–1068. ISBN 84-96530-29-9. 
  • Repertorio Bibliográfico do Exilio Galego, 2001: Ficha nº 1703.