Dionisio Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dionisio Pereira
Dionisio Pereira.jpg
Nome completoDionisio Pereira González
Nacemento1953
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióneconomista e historiador
editar datos en Wikidata ]

Dionisio Pereira González, nado na Coruña en 1953, é un economista e historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como profesor de Ensino Medio. Xunto con A. Martínez, Manuel González Probados e X. Castro formou o Colectivo de Historia Xerminal. En 1994 foi elixido primeiro presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, nacida o ano anterior en Ribeira. Entre 2006 e 2013 participou no proxecto Nomes e Voces das universidades galegas.

No ano 2007 viuse envolto nun proceso xudicial a raíz dunha denuncia de familiares de Manuel Gutiérrez Torres, alcalde do Concello de Cerdedo desde 1950 e xefe local da Falanxe nos días despois do golpe militar que iniciou a guerra civil. Esixíaselle a Dionisio Pereira que se retractase dunha frase publicada no libro A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo (2006):

"Persoas sinaladas pola súa presunta participación en diversas manifestacións da represión: Angel, Luis e Manuel Gutiérrez Torres (xefe da Falange, alcalde de Cerdedo nos anos 40 e 50), Eligio e Francisco Nieto (falanxistas)..."

Malia que utilizou a palabra "presunto", e que tiña diversas fontes que corroboraban o dito, e malia que recibiu múltiples manifestacións de apoio, a familia do falanxista decidiu seguir adiante coa denuncia, que finalmente se viu desestimada polo Tribunal, sentando un importante precedente e deixando claro que o historiador contaba con fontes sólidas que apoiaban o seu estudio. Malia que a familia do alcalde presentou un recurso ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, este foi desestimado en abril de 2009[1].

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Dionisio Pereira na XXVII Semana Galega da Filosofía.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • "A CNT no campo galego (1931-1936)" (con Manuel González Probados); en I Xornadas agrarias galegas; Ministerio de Agricultura, 1984 (p. 491-511).
  • Introdución e "Asociacionismo e conflictividade na Galiza mariñeira (1870-1936)", en Os Conquistadores Modernos: Movemento Obreiro na Galicia de Anteguerra; AAVV, Ed. A Nosa Terra, 1992.
  • Actividades marítimas na Galiza contemporánea; Relatorio presentado no Congreso "O mar na Historia de Galicia"; Universidade de Vigo, 1996.
  • "Empresarios, fábricas e traballadores: a industria da madeira (1920-1936)" (con Manuel González Probados); en O Camiño Portugués: III Aulas no Camiño: un estudio multidisciplinar da realidade galega que atravesan os camiños de Santiago (coord. por José Leira López-Vizoso; p. 223-236). 1998.
  • "Os Mortos esquecidos, radiografía da represión franquista nun pequeno concello rural, o caso de Cerdedo (Pontevedra)", en A represión franquista en Galicia: actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria; Narón, 4 a 7 de decembro de 2003.
  • O anarquismo na Galiza (con Eliseo Fernández); Ed. Positivas, 2004. ISBN 84-87783-79-1.
  • O movemento libertario en Galiza (1936-1976) (con Eliseo Fernández); A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-059-1.
  • Álbum de guerra; canteiros da Terra de Montes no exército popular da República (xunto a Rogelio Arca Rivas); Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2008. ISBN 978-84-935963-6-1
  • A fuxida do Portiño; A Nosa Terra, 2009. Con Carlos Velasco Souto, Emilio Grandío e Eliseo Fernández.
  • Síntese histórica do movemento obreiro galego: das orixes até 1984; Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza, 2010.
  • 15-M: O pobo indignado; Laiovento, 2011.
  • As Irmandades da Fala (1916-1931); Laiovento, 2016.

Artigos en revistas e publicacións periódicas[editar | editar a fonte]

  • "A CNT no campo galego (1931-1936)"; en Cuadernos de Estudios Gallegos tomo 31; Santiago de Compostela, 1978-80.
  • "Informe sobor de prensa obreira en Galiza (1930-1936)" (con Manuel González Probados); en Cuadernos de Estudios Gallegos tomo 33; Santiago de Compostela, 1982.
  • "O mar dos galegos no tempo de Manoel Antonio", en Manuel Antonio: Embarcados nun cantar. Ed. A Nosa Terra, 1996 (colección A Nosa Cultura nº 16).
  • "Mariñeiros do Gran Sol: os últimos da fila"; Revista Inzar Razóns nº 16, 1997.
  • Xosé Otero Espasandín. Vida e pensamento dun cerdedense desterrado; Asociación Verbo Xido, 2004.
  • "Enterramentos civís en Cerdedo durante a IIª república", na publicación Verbo Xido nº 10 (maio 2005).
  • A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo; Asociación Verbo Xido, 2006.
  • "A saga dos Quintillán de Sorribas", na publicación Verbo Xido nº 14/15 (xullo (2006).
  • "Crónicas de Forcarei - noticia de José Canabal, canteiro e anarquista", na publicación Verbo Xido nº 14/15 (xullo (2006).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Artigos en revistas e publicacións periódicas[editar | editar a fonte]

  • "Crónica de una sociedad coruñesa: El Centro de Estudios Sociales Germinal"; La Voz de Galicia (12/8/1981).
  • El semanario ¡Despertad! y la CNT Galaica: análisis de una influencia 1928-1930; Coloquios de Pau, 1982.
  • "Prensa y Anarquismo en Galicia. Análisis de una experiencia: 'Brazo y Cerebro' (1935-1936)" en Actes du Colloque "Typologie de la Presse Hispanique"; Universidade de Haute Bretagne, 1984.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]