Luís Trabazo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1912 Ourense, España |
| Morte | 13 de novembro de 1978 Ourense, España |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, pintor |
Luís Vázquez Trabazo coñecido como Luís Trabazo, nado en Ourense en 1912 e finado na mesma cidade o 13 de novembro de 1978, foi un pintor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito. Participou na Guerra Civil onde gañou a medalla ao mérito individual. Comezou a pintar nos anos cincuenta e expuxo por primeira vez en 1959. Dirixiu unha galería de arte en Madrid. Foi xornalista e escribiu crítica de arte na revista Índice. Tamén foi un estudoso do Modernismo en Ourense, sobre o que publicou artigos en La Región. Publicou en 1969 o tratado de filosofía política ¿Violencia o razón?