Xosé Ibáñez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Ibáñez Fernández")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Ibáñez Fernández
Nacemento1901
 Monforte de Lemos
Falecemento4 de decembro de 1966
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, folclorista e musicólogo
editar datos en Wikidata ]

José Ibáñez Fernández,[1][2][3] tamén coñecido como Xosé Ibáñez Fernández[4][5][6][7][8][9], nado en Monforte de Lemos en 1900[10] ou 1901[5][2][3][6][7][8] e finado en Madrid o 4 de decembro de 1966, foi un folclorista, musicólogo e escritor galego. Da súa autoría foi a primeira obra de teatro representada en galego na posguerra[11].

Diccionario galego da rima e galego-castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na ferroviaria Compañía del Norte e foi Xefe de Sección Comercial de RENFE. Foi folclorista e musicólogo. Colaborou en El Progreso, asinando os seus artigos como Xan da Fouce.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Viaxe perdido, 1949. Teatro, monólogo.
  • Diccionario galego da rima e galego-castelán, 1950. O primeiro dicionario específico galego.[8] Publicado en 2013 en facsímile por Edicións do Cerne.
  • La tragedia de un empleo, 1954. Ensaio ferroviario.
  • O Borio, 1961. Teatro, comedia en tres actos.[12]
  • Chacuecadas, 1961. Contén 4 pezas: Morto e vivo (monólogo), Catro ladrós honrados (comedia en dous actos), Badaladas (comedia en un acto estreada en 1949) e O velorio (comedia en dous actos).[12]
  • Andrómenas, 1961. Contén 5 pezas: A birisca (sainete en un acto), Lucifer (monólogo), O esmoleiro (sainete lírico en dous actos), Estudante fracasado (monólogo) e O cabo Catuxo (monólogo).[12]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]