Manuel Núñez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Núñez González
Manuel Núñez González.jpg
Nacemento 5 de agosto de 1885
  Vilardevós
Falecemento 14 de febreiro de 1917
  Vilardevós
Nacionalidade España
Ocupación escritor e rexistrador da propiedade
editar datos en Wikidata ]

Manuel Núñez González, nado en Vilardevós o 5 de agosto de 1885 e finado no mesmo concello o 14 de febreiro de 1917, foi un rexistrador e poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o Bacharelato en Ourense, onde foi alumno de Marcelo Macías. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e nesa época militou no Partido Liberal Fusionista canda a Eugenio Montero Ríos. Fixo oposicións como rexistrador da propiedade, e logrou a praza en La Almunia de Doña Godina, na provincia de Zaragoza, e logo de pedir o traslado foi destinado a Vilalba.

Publicou algúns poemas como "Alborada", "Os amores da terriña" e "Aurora" (asinados ás veces co pseudónimo Ma-Nu-Gon) na publicación O Tio Marcos d'a Portela e a lenda A namorada cautiva na revista O Galiciano (que despois recolleu en Salaios).

Ingresou como membro da Compañía de Xesús, e escribiu en castelán poemas místicos. Tivo que abandonala antes de pronunciar os votos definitivos a causa dunha grave enfermidade que lle causou a morte. Foi elixido membro de número da Real Academia Galega pero non chegou a ler o seu discurso de ingreso, La compañía familiar gallega.

É tamén autor do folleto "Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX", escrito contra un político da comarca de Verín e publicado en Portugal. Como narrador publicou "O muíño dos tíos Mariquiñas. Conto” en O Tio Marcos d'a Portela. Colaborou en La Opinión de Verín.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Salaios. Versos gallegos, 1895.
  • La poesía popular gallega, 1894.
  • Efusivas, 1908
  • Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]