Ana Kiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ana Kiro
Ana Kiro (pop art).jpg
Retrato de Ana Kiro.
Nome completo María Dolores Casanova González
Nacemento 24 de xaneiro de 1942
Orixe Galicia Galicia
Falecemento 24 de setembro de 2010 (68 anos)
Ocupación(s) Cantante
Xénero música galega
Instrumento(s) voz

María Dolores Casanova González, coñecida como Ana Kiro, nada na Castañeda (Arzúa) o 24 de xaneiro de 1942 e finada en Mera (Oleiros) o 24 de setembro de 2010[1], foi unha cantante galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como cantante[editar | editar a fonte]

A carreira de Ana Kiro iníciase en Barcelona, dentro da colectividade galega. Casada moi nova, tamén moi nova se separa e ten que sacar adiante a economía familiar e mais unha filla. Proba sorte co mundo da canción, que ata daquela fora só unha afección, e colleita un moderado éxito ata que ficha pola discográfica Belter. Fai entón xiras con cantantes de música lixeira como José Guardiola, participa en distintos concursos da canción e logo traballa como vocalista nun programa de Televisión Española, Galas del sábado, presentado por Joaquín Prat e Laura Valenzuela.

No ano 1969, estivo a punto de ser a primeira galega en representar a TVE en Eurovisión ao disputar con Salomé quen interpretaría "Vivo cantando" no festival que se celebrou en Madrid[2].

A comezos dos setenta fai as primeiras viaxes a Galicia e coñece o compositor Manuel Muñiz. En 1973 este adapta un tema popular e cédello a Ana Kiro para que o intérprete, a peza "Galicia, terra meiga", que ten que gravar no selo Olimpo, dedicado á música folclórica, por estar en galego. Dese tema vende máis de 100.000 copias e permanece durante tres meses nas listas de vendas en toda España. A partir dese tema continuou as colaboracións con Muñiz, e mais tamén con Xosé Luís Blanco Campaña como intérprete e compositor.

"Galicia, terra meiga" ábrelle a Ana Kiro as portas da emigración, e comeza a viaxar a Suíza, a Alemaña, a Francia, e a partir de 1976, a América. Nun concerto neste continente conseguiu 24.000 espectadores, rompendo o récord de asistencia que daquela tiña Manolo Escobar.

Retirada da canción[editar | editar a fonte]

A finais dos oitenta retírase do mundo da canción. En 1995 fanlle unha homenaxe na Coruña, que se retransmite pola Televisión de Galicia e que acada unha grande audiencia. Despois de oito anos apartada completamente dos escenarios, actuou de novo o 14 de setembro de 2007 en Mera, nun concerto de homenaxe á súa traxectoria [3], e que foi a súa última actuación.

Na televisión[editar | editar a fonte]

A partir dese momento comeza a súa relación coa televisión, que comeza en 1995 co talk-show Toda unha vida, cunha gran compoñente musical. Déixao ao ano para seguir actuando e en 1998 volta con Tardes con Ana, un talk-show estrito e onde presenta 501 programas[4]. Posteriormente participa como actriz protagonista na serie A miña sogra e mais eu.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casada con Carlos Rivero, tivo unha filla (Maricarme) e dous netos[5].

En 2006 detéctanlle un cancro de ovarios, do que é intervida cirurxicamente. En 2007, no programa Volver ao rego, de Xosé Luís Barreiro Rivas, fai a súa reaparición como convidada. Porén, meses despois recaeu na súa enfermidade, e agás aparicións esporádicas en homenaxes, non regresou á vida pública. Foi tratada co medicamento Yondelis, da empresa galega Pharmamar[6]. Faleceu o 24 de setembro de 2010, vítima dun cancro[7]. Curiosamente, o día do seu falecemento emitíase o primeiro programa de Tardes con Ana dentro da novena entrega do espazo da tvG2 25 anos de programas, coincidindo coa hora do seu falecemento, ás 12:30 h. O seu corpo velouse no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, onde fixera a súa última actuación. Foi soterrada no camposanto de Serantes.

Discografía[editar | editar a fonte]

Listaxe incompleta dos discos publicados por Ana Kiro.

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • Nadal e cousas galegas (1985)
  • Viva Galicia 2 (1994)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • Volveré a venir – Amorcito juguetón (1966)
  • Es una luz – Donde y qué (1967)
  • Por última vez – Siempre te amaré (1967)
  • La venda – De tu mano lo aprendí (1968)
  • El apartamento – Mírame a los ojos (1968)
  • Golondrina mensajera – Enamorada del mar (1969)
  • Vivo cantando – Mamá, mamá (1969)
  • ¡Caramba! Dijo la niña – Me voy a Torremolinos (1969)
  • Cibu-Ciba – Paco, Paco, Paco (1970)
  • Tu mirada, tu sonrisa – En el amor (1970)
  • El rosario de mi madre – El tiempo será testigo (1972)
  • Te entregaré, garé, garé, garé, mi amor – Avenidas y paseos (1973)
  • Galicia terra meiga – Voy a guardar mi lamento (1974)
  • Viva Galicia – Mi vida privada (1974)
  • Potpurri gallego – Besos perdidos (1975)
  • A Rianxeira – Galicia, que tes? (1976)
  • Así canta Galicia – A que no te atreves (1977)
  • A miña aldea – Galicia en México (1978)
  • Que digan misa – La noche de mi mal (1979)
  • Galicia dos meus amores – A rumba da gaita (1979)
  • Gaita galega – Unha emigrante mais (1980)
  • Barqueiro – Apañei berberechos (1981)
  • Vivir na Coruña – Quedamos na Terra (1982)

EP[editar | editar a fonte]

  • Ana Kiro (1967)

Televisión[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

Talk shows[editar | editar a fonte]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]