José Mouriño Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Mouriño Estévez»)
José Mouriño Estévez
Nacemento28 de decembro de 1866
Lugar de nacementoSabuz
Falecemento29 de xullo de 1928
Lugar de falecementoBogotá
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador e frade
editar datos en Wikidata ]

José Mouriño Estévez, nado en Sabuz (Anfeoz, Cartelle) o 28 de decembro de 1866 e finado en Bogotá o 29 de xullo de 1928, foi un frade historiador galego, tamén coñecido polo pseudónimo de Marqués de Sabuz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

La literatura medioeval en Galicia.

En 1881 ingresou no colexio dos agostiños de Valladolid, tomando o hábito en 1882. Estudou en Burgos e no Escorial, adicándose ao ensino dende 1883. Foi destinado ás Filipinas en 1890 e a Colombia en 1896.

Obra[editar | editar a fonte]

Como redactor da revista agostiña España y América publicou máis de 160 artigos sobre literatura galega, segundo Couceiro Freijomil non sempre acertados[1].

Algúns dos seus traballos están recollidos en La literatura medioeval en Galicia, con prólogo de Bruno Ibeas, editado en Madrid pola Compañía ibero-americana de publicaciones no ano 1929.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]