Romualdo Acevedo Rivero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Romualdo Acevedo Rivero
Nacemento1847
 Villaviciosa
Falecemento21 de decembro de 1902
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Romualdo Acevedo Rivero, nado en Villaviciosa en 1847 e finado en Lugo o 21 de decembro de 1902[1], foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do médico galego Agustín María Acevedo, director de baños minerais, estudou o bacharelato en Oviedo. Aos catorce anos retornou a Galicia, e estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1867.

En Compostela publicou o seu primeiro traballo na revista El Eco Escolar. Trasladouse a Lugo, colaborou en Revista de España e fundou e dirixiu en Lugo La Idea Moderna. Publicou estudos literarios en El Diario de Lugo, algúns asinados co pseudónimo Amorodul.

Foi concelleiro de Lugo dende 1886, e foi a alcalde interino en algunhas ocasións.

Obra[editar | editar a fonte]

  • "Historia de Ribadeo: datos históricos de la fundación de la villa de Ribadeo" e "La villa y puerto de Ribadeo", en Álbum histórico, científico y literario de Galicia (1887)
  • Miscelánea literaria (Lugo, 1892)
  • Un lance (Lugo, 1901; xénero folletinesco)
  • De La Coruña a La Habana. Viaje del Batallón de Zamora (Lugo, 1901)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Idea Moderna, 23-12-1902, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]