Manuel Pardo de Andrade
Manuel Pardo de Andrade | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1760 |
Oleiros | |
Falecemento | 5 de maio de 1832 |
Causa | Cólera |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Pardo de Andrade, nado no pazo de Xaz (Oleiros) o 21 de novembro de 1760 e finado en Francia en maio de 1832, foi un intelectual liberal e crego coñecido polos seus escritos tanto literarios como xornalísticos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era o segundo fillo dunha familia fidalga. Testemuño directo da decadencia do Antigo Réxime, Pardo de Andrade foi un liberal convicto.
Desenvolveu un importante labor na prensa durante a guerra contra o francés (1808-1814) e a época posterior a esta. Foi moi coñecido polos seus ideais anti-inquisitoriais, os cales aparecen reflectidos na súa obra máis coñecida, o seu poema en romance Rogos dun Gallego, publicado de forma anónima en 1813 por Valentín de Foronda e xa posteriormente co nome do autor. En 1841 saíu unha edición na Coruña co título de Rogos de un escolar gallego á Virxê do Bo Acerto para que libre a Terra da Inquisición.[1]
En 1814, coa chegada de Fernando VII ao trono español, caeu na obriga de exiliarse en Francia. Volveu á Coruña en 1820, coa instauración do Trienio liberal. Mais en 1823, após da intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís e do restablecemento do absolutismo, tivo que regresar a Francia, onde morreu en 1832.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- TARRÍO VARELA, A.: Literatura galega, Xerais, 1994, páx. 99.
- SAURIN DE LA IGLESIA, M.R.: Manuel Pardo de Andrade y la crisis de la Ilustración (1760-1832). Autoedición. A Coruña, 1991.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Papeis condenados textos publicados en lingua galega no pregaleguismo [1]. Consello da Cultura Galega.
- "Rogos dun gallego (1813)" Real Academia Galega.