Manuel González Fresco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel González Fresco, O Fresco, nado en Vigo o 20 de agosto de 1886 e finado en Ponteareas o 24 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da burguesía viguesa, de ideoloxía socialista, estaba afincado en Areas (Ponteareas). Participou na defensa de Lavadores contra os sublevados, como consecuencia, tivo que fuxir ao monte a fins de xullo. Moveuse polas bisbarras de Salvaterra de Miño, A Cañiza, Ponteareas. O 24 de decembro de 1936 un grupo de falanxistas e gardas civís matárono no monte Galleiro. O seu corpo permaneceu no monte ata o día 6 de xaneiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]